Blogues

SOLICITUDES DE COMEDOR E TRANSPORTE ADMITIDAS

Todas as solicitudes de comedor e transporte presentadas para o curso 2024/2025 foron admitidas.

Os usuarios de comedor que teñan recibos pendentes, deberán efectuar o pago antes do 1 setembro, de non ser así, quedarán excluídos deste servizo.

 

 

 

CLUB DE LECTURA "MOUCHOMOUCHIÑAS"

Club de Lectura

Se qeres saber máis sobre o noso  club preme en MOUCHOMOUCHIÑAS

Club de Lectura de pili insua

LECTURA E FAMILIAS

¡Ola familias!

Queremos convidarvos cordialmente a descubrir a biblioteca escolar, un espazo máxico cheo de aventuras, coñecementos e diversión para todos. 

Agardámosvos cos brazos abertos para que coñezades as nosas instalacións, recursos e programas especiais. Premede en LECTURA E FAMILIAS

 

 

LECTURA E FAMILIAS de pili insua

COLABORADORES/AS DE COMEDOR CURSO 2024/2025

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2024-2025, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección. Xunto coa solicitude, deberán entregar copia de DNI e acreditación de non ter sido condenado en sentencia firme por calquera delito contra a liberdade e a indemnidade sexuais, asi como por calquera delito de trata de seres humanos.

 

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2024, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2024.

Durante o curso escolar 2024-2025 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

 

SOLICITUDES DE TRANSPORTE E COMEDOR CURSO 2024/2025

Dende o mércores 26 de xuño e ata o venres 19 de xullo, ámbolos dous inclusive, permanecerá aberto o prazo para solicitar praza nos servizos complementarios de transporte e de comedor.

O luns, 22 de xullo publicarase a listaxe provisional de admitidos en cada un dos servizos. Na listaxe, por mor da lei de protección de datos, en lugar do nome do beneficiario aparecerá un código que lle será asignado no momento da presentación da solicitude.

Dende o día da publicación provisional estableceranse 7 días hábiles para posibles reclamacións.

O venres 2 de agosto farase pública a listaxe definitiva na que figurarán os códigos correspondentes ás solicitudes aceptadas.

A solicitude poderase entregar de xeito presencial no centro (de 9:30 a 13:30) ou vía correo electrónico (ceip.praia.xardin@edu.xunta.gal).

Distribuir contido