Blogues |
O prazo para presentar solicitudes comezará o 21 de maio e rematará o 21 de xuño (este incluído).
O alumnado matriculado no centro poderá solicitar: - FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: 3º e 4º de Priamaria. O alumnado de 5º e 6º só solicitarán as axudas para adquirir material, xa que o próximo curso participarán no proxecto E-Dixgal. - AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO: 1º e 2º de primaria. - AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR: todo o alumnado de educación Primaria (de 1º a 6º)
As solicitudes poderán presentarse no centro ou a través da sede electrónica.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR: - Copia do libro de familia onde fdiguren todos os membros computables. - En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e/ou convenio regulador. - Certificado acreditativo do grao de discapacidade se este é recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia. - Acreditación de víctima de violencia de xénero, de ser o caso.
PUBLICACIÓN DE LISTAXES E ENTREGA DE VALES: - Listaxes provisionais: 27 de xuño. - Reclamación ás listaxes provisionais: 28 de xuño e 1 de xullo. - Listaxes definitivas: 2 de xullo. - Entrega de vales: entre o 4 e o 17 de xullo ou a partires de setembro.
|
|||
Ola a todas e todos! Este ano teremos que celebrar o día do libro na casa, podemos facelo en familia, todos xuntos. Familias, tócavos a vós levar a rendas deste día. Biblioteca proponvos varias actividades para que elixades a máis axeitada ás vosas nenas e nenos: • Escollede un libro e lédeo entre todos. Si queredes facede unha gravación, en vídeo ou audio, e enviádenos o resultado ao correo da biblioteca. • Facede un debuxo do libro que máis vos gusta, poñede unha frase que nos indique por que vos gusta, non esquezades escribir tamén o voso nome e curso, e podedes achegalo ao correo . • Escollede cinco ou seis libros e cos títulos inventade unha historia, podedes tamén gravalo en vídeo, audio ou escribilo e envíalo ao correo do blogue. Podedes participar en todas as modalidades que queirades. Correo: biblioceippraia@gmail.com Moito ánimo! Espero as vosas achegas. Mouchiño.
|
|||
|
|||
Boas! Como ben saberedes grazas á nosa conta de Instagram @ceippraiaxardin_erasmus, xa foron realizadas as dúas primeiras mobilidades do noso proxecto Erasmus+. Co fin de procurar unha convivencia escolar de calidade e inclusiva embarcámonos nesta aventura que polo de agora nos levou ata Italia e Finlandia. Ambas mobilidades consistiron na realización dun curso de formación en cadansúa cidade. Despois dunha reflexión conxunta sobre as necesidades do PXB a nivel de convivencia e inclusión, chegamos á conclusión de que os/as docentes debemos afondar e especializarnos máis en materia de educación socio-emocional, convivencia e colaboración. O obxectivo neste caso será ir avanzando cara unha escola que sirva de soporte emocional ao seu alumnado e que acolla, respecte e poida acompañar o desenvolvemento, tanto educativo como persoal, de cada un/unha dos estudantes e familias. A nosa primeira andaina foi un curso de formación no Centro Internacionale Loris Malaguzzi, na cidade de Reggio Emilia (Italia), onde realizamos o curso “The Reggio Approach to Education” cun grupo de estudos nacional e internacional. Isto ofreceunos a posibilidade de profundizar na convivencia, na colaboración e na innovación educativa co fin exclusivo de conseguir unha mellor calidade educativa para os nosos estudantes. Partindo deste obxectivo común e dos recursos cos que contamos, consideramos que a eficacia do modelo educativo Finés e o seu avanzado concepto da comunidade e da convivencia, era a contorna ideal para poder profundizar na nosa formación socio-emocional. É así como realizamos o curso de formación chamado “Social-Emocional Learning in Finnish Education” da man de Europass Teacher Academy.
Italia de Lara Veiga
|
|||
|
|||||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »