Blogues |
|
|||
Boas! Como ben saberedes grazas á nosa conta de Instagram @ceippraiaxardin_erasmus, xa foron realizadas as dúas primeiras mobilidades do noso proxecto Erasmus+. Co fin de procurar unha convivencia escolar de calidade e inclusiva embarcámonos nesta aventura que polo de agora nos levou ata Italia e Finlandia. Ambas mobilidades consistiron na realización dun curso de formación en cadansúa cidade. Despois dunha reflexión conxunta sobre as necesidades do PXB a nivel de convivencia e inclusión, chegamos á conclusión de que os/as docentes debemos afondar e especializarnos máis en materia de educación socio-emocional, convivencia e colaboración. O obxectivo neste caso será ir avanzando cara unha escola que sirva de soporte emocional ao seu alumnado e que acolla, respecte e poida acompañar o desenvolvemento, tanto educativo como persoal, de cada un/unha dos estudantes e familias. A nosa primeira andaina foi un curso de formación no Centro Internacionale Loris Malaguzzi, na cidade de Reggio Emilia (Italia), onde realizamos o curso “The Reggio Approach to Education” cun grupo de estudos nacional e internacional. Isto ofreceunos a posibilidade de profundizar na convivencia, na colaboración e na innovación educativa co fin exclusivo de conseguir unha mellor calidade educativa para os nosos estudantes. Partindo deste obxectivo común e dos recursos cos que contamos, consideramos que a eficacia do modelo educativo Finés e o seu avanzado concepto da comunidade e da convivencia, era a contorna ideal para poder profundizar na nosa formación socio-emocional. É así como realizamos o curso de formación chamado “Social-Emocional Learning in Finnish Education” da man de Europass Teacher Academy.
Italia de Lara Veiga
|
|||
|
|||||
|
|||||||||||||||
O vindeiro sábado, 27 de abril, ás 11:30, terá lugar o terceiro obradoiro de Espazo Familias. A charla leva por título "Alarma. Sinto ansiedade". Este taller estará a cargo de Mª Carmen González Hermo, psicóloga. Máis información na web EspazoFamilias https://espazofamilias.org/
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »