Animación á lectura

ACTIVIDADE INTERCENTROS - APADRIÑAMENTO LECTOR

O martes, 28 de maio recibimos, na nosa biblioteca, a visita dunhas madriñas e padriños lectores moi especiais.

Viñeron para agasallar ás nenas e nenos de primeiro con lecturas ao aire libre.

Houbo nervios, emoción, alegría e sobre todo moita ilusión por gozar da lectura.

 

apadriñamento lector CURSO 2023-24 de pili insua

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Na voz do noso alumnado os versos da NOSA POETA cobraron vida e voaron polas ondas do aire...

 

Celebramos O DÍA DE ROSALÍA Como? Con composicións poéticas de autoría propia. de pili insua

DÍA DA ILUSTRACIÓN

Mirade, mirade!

O Día da Ilustración non só traballamos a "Chichi Campos" senon que tamén mesturamos cómic con medio ambiente e mirade que montón de bos consellos se aprenden da lectura destas historietas.

Que grandes artistas!!

 

Diseño de pili insua

NADAL

Chegou o Nadal a nosa biblioteca cheo de bos desexos.

Ollade, escoitade e non esquezades as boas recomendacións que vos fan os vosos compis!

 

Bo nadal de pili insua

SAMAÍN

FÓRA MEDOS!

Neste libro dos medos quixemos escribir un anaquiño do que nos da arrepío no corpo.

 

O libro dos medos de pili insua

Distribuir contido