Blogues

ERASMUS +

Comprácenos anunciar que o noso centro foi un dos beneficiarios dunha subvención no ámbito do programa Erasmus + para desenvolver un proxecto de curta duración para a mobilidade de alumnos e persoal (Acción Clave 1). O proxecto, denominado “Xuntos por unha convivencia escolar de calidade e inclusiva”, ten como obxectivo mellorar a convivencia entre todos os axentes educativos (alumnado, profesorado, familias e institucións) co principal obxectivo de mellorar o desenvolvemento integral do noso alumnado.

O proxecto baséase na idea de que a convivencia escolar é un factor clave para o éxito educativo, así como para a formación de persoas responsables, solidarias e comprometidas coa sociedade. Por iso, o proxecto pretende dotar ao noso profesorado das ferramentas necesarias para xestionar a diversidade, previr e resolver os conflitos, promover a participación e a colaboración, e fomentar a cultura de paz e os valores democráticos na aula e no centro.

O proxecto desenvolverase ata novembro de 2024 e permitirá ao noso profesorado realizar cursos de formación, visitas de estudo e actividades de observación en diferentes países da Unión Europea. Estas actividades permitiranlles coñecer outras realidades educativas, compartir experiencias e boas prácticas, e aprender de outros profesionais e expertos no ámbito da convivencia escolar. O proxecto tamén facilitará a creación dunha rede de colaboración entre centros educativos de distintos contextos culturais e lingüísticos, coa fin de enriquecer o noso proxecto educativo e favorecer o desenvolvemento da cidadanía europea do noso alumnado.

Podedes ollar as bases do noso proxecto na Plataforma de Resultados dos Proxectos Erasmus + (E+PRP) no seguinte enlace http://bit.ly/ErasmusPraiaXardin

Estamos moi ilusionados con esta oportunidade e esperamos que este proxecto sexa só o principio da nosa participación en Erasmus +. Seguiremos traballando de cara as próximas convocatorias para que os nosos alumnos e alumnas tamén poidan desfrutar das vantaxes das mobilidades educativas que ofrece este programa. Manterémosvos informados das novidades e dos resultados do proxecto a través da nosa páxina web.

A ESTRELA BRILANTE

A continuación, podedes escoitar o programa de radio elaborado polo alumnado de 3ºB.

Menús para o 2º trimestre

Menús do 2º trimestre aprobados polo Consello Escolar en sesión celebrada o martes 5 de decembro de 2023

Menú mes de xaneiro Menú mes de febreiro Menú mes de marzo

 

- Este menú é variado e equilibrado, axeitado para nen@s en idade escolar, unha etapa de gran desenvolvemento e crecemento.

- Está pensado para escolares sen problemas de saúde derivados dos alimentos e sen intolerancias nin alerxias. Se precisan algún cambio derivado destes problemas, póñanse en contacto co centro.

- Trátase dun menú valorado e supervisado pola dietista boirense Sandra Varela.

Lembre:

- Os produtos cun alto contido en graxas e azucres, como aperitivos, repostería,  “comida rápida” e lambonadas, deben tomarse en contadas ocasións e con moderación.

- Os nen@s en idade escolar deben manterse ben hidratados e facer exercicio diario para promover unha boa saúde e un crecemento axeitado.

 Preme na imaxe para ver o menú de cada mes

PENSANDO NUN NADAL MÁIS VERDE

O alumnado da área de proxecto Competencial de 4º curso prepararon estas recomendacións para fomentar un Nadal máis sostible.

 

Por un Nadal Sostible de maria

GUÍA DE LECTURAS PARA O NADAL

Distribuir contido