Blogues |
O vindeiro mércores, 24 de abril, realizaremos unha xornada promocional do Camiño Escolar Seguro. A actividade consistirá na realización do itinerario do CES, na que participará o alumnado de 3º ata 6º nivel de Educación Primaria. Queremos convidar a toda a comunidade educativa a que nos acompañen nesta xornada de sensibilización para a mellora da saúde e o desenvolvemento sostible. A saída terá lugar ás 11:00h da entrada principal do noso centro. Poden clicar aquí e comprobar en que consiste este proxecto: CES Boiro
|
|||
Menús do 3º trimestre aprobados polo Consello Escolar en sesión celebrada o martes 5 de decembro de 2023 Preme na imaxe para ver o menú de cada mes - Este menú é variado e equilibrado, axeitado para nen@s en idade escolar, unha etapa de gran desenvolvemento e crecemento. - Está pensado para escolares sen problemas de saúde derivados dos alimentos e sen intolerancias nin alerxias. Se precisan algún cambio derivado destes problemas, póñanse en contacto co centro. - Trátase dun menú valorado e supervisado pola dietista boirense Sandra Varela. Lembre: - Os produtos cun alto contido en graxas e azucres, como aperitivos, repostería, “comida rápida” e lambonadas, deben tomarse en contadas ocasións e con moderación. - Os nen@s en idade escolar deben manterse ben hidratados e facer exercicio diario para promover unha boa saúde e un crecemento axeitado.
|
||||||
|
|||||
O prazo de admisión de novo alumnado permanecerá aberto do 1 ao 20 de marzo. Pode consultar a documentación a presentar nos adxuntos e no seguinte enlace:
|
|||
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 20 DE FEBREIRO ÁS 17:00HORAS 27 DE FEBREIRO ÁS 17:00 HORAS Cita previa 881866545 ceip.praia.xardin@edu.xunta.gal
Ceip Praia Xardín de maria
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »