blogue deadmin

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024. CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

 

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

 

De conformidade co establecido na Resolución do 10 de setembro de 2024 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG do 18 de setembro de 2024), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

 

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

 

-          A directora do Centro.

-          Un mestre ou mestra.

-          Un pai ou nai ou titor legal.

-          Un representante do persoal de administración e servizos

 

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo día 15 de outubro, martes, ás 16:15 horas.

 

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CURSO 2024/2025

No seguinte enlace pode consultar as programacións didácticas do centro para o curso 2024/025.  Deberá indicar o código de centro no primeiro cadro (15001471) e cumplimentar nos despregables a programación a consultar.

 

https://www.edu.xunta.gal/proens/prv/AccesoPublicoListaxe-listaxeBaleira.action

Menús do 1º trimestre

   

Listado de material para o curso 2024/2025-6ºA

Publicamos listado de material para o curso 2024/2025.

 

 

Material escolar e libros para 5º E.P.   MATERIAL PARA O ALUMNADO CURSO 24/25

 

(Poderá empregarse o material do ano pasado sempre e cando estea en bo estado).

 

Sería convinte que todo o material o trouxeran a primeira semana do curso e decir, do 11 ao 13 de setembro, non sendo necesario traer todo dunha soa vez.

 

Recomendable que todo o material veña co nome do alumno/a.

 

MATERIAL PARA AULA:

1 bolígrafo azul. ( non borrable).

1 bolígrafo negro. ( non borrable).

1 bolígrafo vermello. ( non borrable).

1 lapis.

1 goma de borrar.(non tipp-ex ou similares).

1 afialapis.

1 caderno cuadriculado con marxe (matemáticas).

1 caderno cuadriculado con marxe ( Ciencias da natureza e Ciencias Sociais. Empregarase a metade do caderno para cada área).

1 caderno dobre pauta con marxe.(lingua galega).

1 caderno dobre pauta con marxe.(lingua castelá).

1 estoxo.

1 carpeta (tipo sobre, ou con gomas, ou similar...) para levar fichas para casa.

1 carpeta (tipo sobre, ou con gomas, ou similar...) para organizar fichas da clase.

1 axenda curso académico 24-25.

1 cores tipo plastidecor oun similar( 12 ou 24 unidades, a elexir)

1 subraidor cor verde.

1 subraidor cor amarelo.

1 subraidor cor rosa.

 

INGLÉS:

1 libreta grande (traer a do ano pasado).

Activity book Kids Can 6. Editorial Macmillan. ISBN. 9781380053695.

 

PLÁSTICA:

1 carpeta grande (xa teñen no cole a do ano pasado).

1 bloc de debuxo con espiral (xa teñen no cole a do ano pasado).

1 marco de fotos de aproximadamente 19cm x 23 cm.

1 paquete de rotuladores de LETTERING.

 

MÚSICA:

O mesmo material do ano pasado, si está en boas condicións.

 

RELIXIÓN:

 

O mesmo material do ano pasado, si está en boas condicións.

LISTADO DE MATERIAL PARA 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. CURSO 24/25

Achegamos listado de material para o alumnado de 3º de educación primaria para o curso 2024/2025.

Recalacamos na importancia de ceñirse ás características que se piden do material así como marcalo todo co nome do alumno ou alumna.

Para unha mellor organización e aproveitamento do tempo sería convinte que o alumnado dispuxera de todo o material na primeira semana de clases.

Moitas grazas.

Os titores de terceiro.

Distribuir contido