blogue deadmin

CAMPAMENTO CONCILIA VERÁN 2024

Máis información no enlace

CAMPAMENTO CONCILIA

 

 

MOBILIDADE ERASMUS

 

Boas! Como ben saberedes grazas á nosa conta de Instagram @ceippraiaxardin_erasmus, xa foron realizadas as dúas primeiras mobilidades do noso proxecto Erasmus+. Co fin de procurar unha convivencia escolar de calidade e inclusiva embarcámonos nesta aventura que polo de agora nos levou ata Italia e Finlandia.

Ambas mobilidades consistiron na realización dun curso de formación en cadansúa cidade.

Despois dunha reflexión conxunta sobre as necesidades do PXB a nivel de convivencia e inclusión, chegamos á conclusión de que os/as docentes debemos afondar e especializarnos máis en materia de educación socio-emocional, convivencia e colaboración. O obxectivo neste caso será ir avanzando cara unha escola que sirva de soporte emocional ao seu alumnado e que acolla, respecte e poida acompañar o desenvolvemento, tanto educativo como persoal, de cada un/unha dos estudantes e familias.

A nosa primeira andaina foi un curso de formación no Centro Internacionale Loris Malaguzzi, na cidade de Reggio Emilia (Italia), onde realizamos o curso “The Reggio Approach to Education” cun grupo de estudos nacional e internacional. Isto ofreceunos a posibilidade de profundizar na convivencia, na colaboración e na innovación educativa co fin exclusivo de conseguir unha mellor calidade educativa para os nosos estudantes.

Partindo deste obxectivo común e dos recursos cos que contamos, consideramos que a eficacia do modelo educativo Finés e o seu avanzado concepto da comunidade e da convivencia, era a contorna ideal para poder profundizar na nosa formación socio-emocional. É así como realizamos o curso de formación chamado “Social-Emocional Learning in Finnish Education” da man de Europass Teacher Academy.

 

Italia de Lara Veiga

Podcasts do terceiro trimestre. Curso 2023-2024

Podcasts do segundo trimestre. Curso 2023-2024

Mandadiños do Felipiño 6th Class Podcast 2024
Programa de Rosalía de Castro - Parte 1 Programa de Rosalía de Castro - Parte 2
 

A Estrela brilante - Alumnado de 3ºB 

 
 

ESPAZO FAMILIAS

O vindeiro sábado, 27 de abril, ás 11:30, terá lugar o terceiro obradoiro de Espazo Familias. A charla leva por título "Alarma. Sinto ansiedade". Este taller estará a cargo de Mª Carmen González Hermo, psicóloga.

Máis información na web EspazoFamilias https://espazofamilias.org/

 

 

Distribuir contido