O alumnado do 3º ciclo, de Ed. Primaria, estivo traballando sobre o Entroido tradicional galego centrándose no concello ourensán de Vilardevós co gallo da XI Mostra de Entroido de Lamas de Abade que este ano se centra na figura do chocalleiro.
Velaí vai o documental que recolle a esencia deste Entroido!
Polo Samaín, os nenos e nenas de quinto estiveron investigando sobre as costumes e lendas que hai en Galicia ao redor desta data. Con toda a información recadada quixeron elaborar uns informativos para dar a coñecer a nosa cultura que é tan importante como a que nos ven cada vez máis imposta desde outros países lonxanos. Coñezamos e valoremos as nosas costumes e cultura para que permanezan no legado.
Preme na seguinte ligazón para acceder á lista de reprodución dos informativos:INFORMATIVOS "SAMAÍN"
Competencias: CCL, CPSAA, CD, CE, CCEC
Materias: Lingua galega, ciencias socias, ciencias naturais.
O alumnado de quinto de Ed. Primaria estivo facendo un obradoiro de contos polo Samaín. Creáronos en grupos e graváronos para finalmente editalos. Aquí vos deixamos a mostra. Agardamos gocedes deles!
Publicada a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24
DESTINATARIOS
Fondo solidario de libro de textos: 3º, 4º de educación primaria.
Axudas para adquirir libros de texto: 1º e 2º de educación primaria e educación especial.
Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.
O alumnado incluído no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2023/24 está excluído da participación no fondo solidario de libros.
CAMBIO LIBROS DE TEXTO
En 4º e 6º de EP permitirase a substitución dos libros de texto para a súa adaptación aos currículos que establece a Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, de modificación da Lei orgánica de educación (LOMLOE).
No resto dos cursos manteranse os libros de texto do curso 2022/23.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes remata o día 21 de xuño de 2023.
Preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes
O formulario de solicitude tamén estará dispoñible nos centros educativos e na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal