FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E ADQUISICIÓN MATERIAL ESCOLAR
Publicada a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24
DESTINATARIOS
-
Fondo solidario de libro de textos: 3º, 4º de educación primaria.
-
Axudas para adquirir libros de texto: 1º e 2º de educación primaria e educación especial.
-
Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.
-
O alumnado incluído no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2023/24 está excluído da participación no fondo solidario de libros.
CAMBIO LIBROS DE TEXTO
- En 4º e 6º de EP permitirase a substitución dos libros de texto para a súa adaptación aos currículos que establece a Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, de modificación da Lei orgánica de educación (LOMLOE).
- No resto dos cursos manteranse os libros de texto do curso 2022/23.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
- O prazo de presentación de solicitudes remata o día 21 de xuño de 2023.
-
Preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
-
Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes
-
O formulario de solicitude tamén estará dispoñible nos centros educativos e na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
- ORDEN de 10 de mayo de 2023 (DOG)
- EXTRACTO de la Orden 10 mayo de 2023 (DOG)