Skip to Content

MAGOSTO 2021

Hoxe homenaxeamos ao noso castiñeiro, árbore senlleira que ao longo do tempo deu sombra e castañas a moitas xeneracións de nenos e nenas; que, ao igual que nós xogaron baixo a súa ramaxe.

Sempre foi "O castiñeiro" pero, o curso pasado pensamos que debería ter unha identidade propia, un nome familiar e cariñoso co que referirnos a el.

Foi por iso que, entre todos decidimos chamalo GRANDULLÓN.

O profe Valcárcel fíxonos o honor de gravar este nome para que, todos os que por aquí pasen, saiban que é importante eque o traten co respecto que se merece.

Principiamos cos nenos e nenas de 6º esta homenaxe recitndo un poema do noso, tamén senlleiro, autor estradense, Marcial Valladares Núñez. Que este ano se conmemora o bicentenario do seu nacemento en Vilancosta-Berres.

Despois foron os nosos compañeiros e compañeiras de 5ºC que nos recitaron "Cantiga popular para o magosto".

Por último todos xuntos cantamos a canción Sra. María, Sr. Manuel.

             

A festa continuou comendo saborosas castañas asadas e gozando do día!!!

  



blog | by Dr. Radut