Skip to Content

LÓVA. Obradoiro de maquillaxe.

O 30 de outubro, o alumnado de 5º de Ed. Primaria desfrutou dun obradoiro de maquillaxe dentro do porxecto LÓVA gracias a colaboración de Tina e Mary, dúas nais de alumnado do Ceip Pérez Viondi. Graciñas a todos os que o fixeron posible.

 

ACCESO AULA VIRTUAL

 

ACCESO ALUMNADO AULA VIRTUAL CEIP PÉREZ VIONDI.

 

CURSO 2024/25

 

O usuario de cada alumno será o primeiro nome e o primeiro apelido, xuntos en minúsculas, sen acentos, nin diérese e substituíndo a letra ñ pola n. Por exemplo: Xosé Antonio Camiño Suárez terá como usuario xosecamino. O contrasinal será 1234, ao acceder por primeira vez a plataforma vai solicitar o seu cambio.

 

Existen unha serie de vídeo-titoriais para o acceso e manexo básico da aula virtual neste enlace.

 

Para calquera erro, dúbida dispoñen do correo electrónico, incidenciasperezviondi@gmail.com

 

 

 

 

PREMIO ANTÓN FRAGUAS

 

Os centros participantes no proxecto "Viva o entroido vivo ! Lingua,festa e comunidade"fomos galardoados pola fundación Antonio Fraguas na XIII edición dos premios Proxecto Didáctico Antonio Fraguas.

XOGADE TAEKWONDO

Xogade judo

LISTA DE LIBROS CURSO 2024/2025

DINAMIZATV 2024

Un ano máis chega un novo programa de DINAMIZATV do Ceip Pérez Viondi!!

Iniciativa da lingua galega promovida polo Concello de A Estrada e os equipos de dinamización dos centros educativos.

 

Creo que eres...

Colaboración entre proxecto competencial, relixión e titoría de 1ºA

ADMISIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024-2025

A partir do 1 de marzo  comeza o procedemento de admisión de alumnado para o curso escolar 2024/2025.

Para obter máis información dirixirse á Secretaría do Centro.

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO: DE 09:15h. a 14:15h.

CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2024-2025
Publicación vacantes  Antes do 1 de  marzo
Presentación solicitude de admisión Do 1 ao 20 de marzo
Presentación documentación acreditativa dos criterios do baremo  Do 21 de marzo ao 11 de abril
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos  25 de abril
Reclamación ás listaxes provisionais  Do 26 de abril ao 3 de maio
Publicación das listaxes definitivas  Antes do 15 de maio

Formalización de matrícula en EI e EP

 Do 20 ao 30 de xuño

              Pódense consultar e/ou descargar os documentos relacionados nas ligazóns seguintes:

FILLOAS DA PEDRA

 O pasado xoves de Entroido a avoa duns alumnos do noso centro veu ensinarnos como se fan as filloas na pedra. Ademais de explicarnos  a elaboración do amoado poidemos degustalas. Grazas Maruja por darnos a coñecer de primeira man esta tradicional receita galega.

 

     

 

Distribuir contido


by Dr. Radut