Skip to Content

Secretaría

Listaxes do FONDO SOLIDARIO de libros de texto e AXUDAS para a adquisición de libros de texto e material escolar

Fíxose pública a listaxe PROVISONAL de solicitudes admitidas en Fondo Libros; así como, o número de libros que lle corresponde a cada alumno ou alumna.

Polo caracter CONFIDENCIAL destas listaxes (segundo o artigo 13 e na disposición adicional sexta da Orde do 7 de maio de 2024 (DOG do 20/05/2024), están suxeitos ao deber de confidencialidade e á lexislación sobre protección de datos) soamente poden consultarse de dúas formas: 

  1. Coa chave 365 ou certificado dixital na propia aplicación da Consellería de Educación: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
  2. Na listaxe exposta na recepción do colexio (artigo 13 da orde e disposición adicional sexta polo deber de confidencialidade polo que estes actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar). 

O xoves 4 de xullo publicaranse as listaxes definitivas; de maneira que, a partir dese día, xa poderedes recoller os vales dos libros e do material na secretaría do centro.

Referencias Legais:

Ligazóns:

LIBROS DE TEXTO para o curso 2024-2025

A continuación aparecen as listaxes cos libros de texto para o curso 2024-2025.

 

Educación Infantil:

Educación Primaria:

 

 

 

 

 

 

 

 

Nota: A listaxe de material para os diferentes cursos será publicada nos primeiros días do mes de setembro.

Solicitude do servizo de COMEDOR ESCOLAR para o curso 2024/2025

As familias do alumnado interesado en utilizar o servizo de comedor escolar durante o curso 2024/2025 deberán presentar na secretaría do centro, o anexo ii de autodeclaración da renda do ano 2023 (ligazón ao Anexo II - Modelo de autodeclaración e especificacións). 

Neste documento deberanse indicar os importes resultantes do cálculo ao lado da X, o número de membros da unidade familiar ao lado da Y e a renda neta per cápita familiar ao lado de X/Y. Podedes utilizar a calculadora de simulación para axudarvos a facer o cálculo dos prezos de comedores en función da renda neta. Pulsa nesta ligazón para ir á páxina coa calculadora de simulación.

Ademais, deberanse cubrir tódolos datos dos membros da unidade familiar, marcar a casiña do tramo de ingresos no que se atope a familia e asinar a solicitude, tanto o declarante como o seu cónxuxe. 

Outras ligazóns:

Ligazóns con explicacións de como facer o pago telemático::

CALENDARIO ESCOLAR para o curso 2024/2025

 

ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25  nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. Ligazón a orde.

  • As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil e de educación primaria comenzaran desde o día 11 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025, ambos incluídos.
  • Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2023/24 serán os seguintes:
    • Día do ensino: 31 de outubro.
    • Nadal: desde o día 23 de decembro de 2024 ata o día 7 de xaneiro de 2025, ambos incluídos.
    • Entroido: os días 3, 4 e 5 de marzo de 2025.
    • Semana Santa: desde o día 14 ata o día 21 de abril de 2025, ambos incluídos.
  • Días non lectivos: Ademais das festas de ámbito estatal, son días non lectivos os festivos así declarados pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
    • 1 de novembro: Día de Todos os Santos.
    • 6 de decembro: Día da Constitución Española.
    • 8 de decembro: Inmaculada Concepción.
    • 1 de maio: Día do Traballador.
  • Día non lectivo propostos polos centros educativos de Rábade.
    • Aínda por determinar.

Ligazóns:

VEXO VEXO Xacobeo

Este ano participamos no programa educativo Vexo Vexo Xacobeo coa idea de achegar ao noso alumnado o significado e os valores do Camiño de Santiago e do Xacobeo e traballar, dende as primeiras etapas, estes conceptos que forman parte da súa contorna social e cultural. Compartimos un vídeo cunha das actividades deste programa realizada no colexio.

BECAS NEAE 2024-2025

ABERTO PRAZO DE BOLSAS DE NEAE PARA O CURSO 2024-2025

Publicouse no BOE o extracto da Resolución do 12 de abril de 2024, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024-2025. As axudas poderán ser solicitadas polas familias dos alumnos/as cuxa renda ou patrimonio familiar ao 31 de decembro de 2023 non superasen, de conformidade co disposto no Real Decreto 201/2024, do 27 de febreiro.

As solicitudes deberán cumprimentarse a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, ver en: https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2109

O prazo de presentación de solicitudes estenderase desde o día 30 de abril de 2024 ata o día 13 de setembro de 2024, ambos inclusive e deberá presentarse no centro onde cursará estudos no 2024-2025.

Esta solicitude irá acompañada de:

  • Código da conta bancaria (CCC), onde o titular da conta sexa o alumno/a.
  • Fotocopia do DNI de todos os membros da unidade familiar.
  • Fotocopia do Certificado de discapacidade (mínima do 25%, novidade de este curso),
  • Fotocopia do Certificado das Altas Capacidades ou fotocopia do diagnóstico médico do Trastorno Grave de Conduta ou do Trastornos Grave da Comunicación e da Linguaxe, TDAH (asociado as casuísticas anteriores) ou TEA.
  • Memoria do gabinete que preste o servizo durante o curso 2024-2025.
  • Outros documentos que se consideren (título de familia numerosa, etc.)

Ligazóns de interese:

 

PUNTO LARANXA contra o acoso escolar

O servizo de Inclusión, Orientación e Convivencia da Xunta de Galicia iniciou a colocación de puntos laranxa contra o acoso escolar nos centros educativos, desde os que o alumnado poderá denunciar este tipo de situacións "desde o absoluto anonimato".

No colexio xa contamos cun destes puntos laranxa que funciona, a modo de caixa de correos, a través do cal o alumnado pode comunicar ou denunciar posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran. Ademais temos un punto laranxa virtual nesta mesma páxina web ao que podedes acceder desde a barra lateral dereita.

Máis información:

ADMISIÓN alumnado para o curso 2024-2025

 

O proceso de admisión dos centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2024-2025, iníciase o día 01/03/2024 e permanecerá aberto ata o día 20/03/2024. Este periodo de admisión é  para o alumnado que comeza a etapa de infantil ou para o que queira cambiar de colexio.

Datas:

  • Presentación de solicitudes: do 1 ao 20 de marzo. (fóra de prazo)
  • Publicación da listaxe provisional: 25 de abril.
  • Reclamacións á listaxe provisional: dendo o día 26 ao 3 de maio.
  • Publicación da listaxe definitiva: 15 de maio.
  • Formalización da matrícula: dende o día 20 ao 30 de xuño.

Como presentar a solicitude (opcións):

  1. Cubrir a solicitude na aplicación web da Consellería de Educación: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ e asinala na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B
  2. Enchendo o impreso ED550B e presentándoo na secretaría do colexio cos seguintes documentos:
    • Impreso ED550B (solicitude de admisión).
    • Anexo II-bis (datos dos membros computables da unidade familiar)
    • Fotocopia do libro de familia ou DNI.

Referencias Legais:

  • Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG 08/11/2022), pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e regúlase o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinos de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio , de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
  • Decreto 13-2022  do 3 de febreiro (DOG 11/02/2022), polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinos de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Lei 39/2015 do 1 de outubro (BOE 02/10/2015), de procedemento administrativo común das administracións públicas.

 

Fase de RESERVA de prazas para o 1º curso da ESO

Dende o día 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites da reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa (para os alumnos de 6º de primaria).

  • O prazo de presentación de solicitudes vai dende o 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.
  • Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/). 
  • Pódese cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica. Tamén pódese cubrir a solicitude manualmente e presentala no centro (descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos no colexio).

No seguinte enlace pódese consultar a información, cos pasos a seguir, para a reserva de praza no IES Río Miño de Rábade (centro educativo ao que estamos adscritos).

Nota: As solicitudes de admisión en centros distintos ao IES Río Miño, deberán presentarse no instituto elixido e utilizando o modelo ED550B, dende o 1 ao 20 de marzo.

Referencias legais:

 

AXUDAS material escolar para o curso 2023/2024 do CONCELLO DE BEGONTE

O Concello de Begonte convoca unhas axudas de material escolar para os alumnos de Educación Primaria e libros para os alumnos/as da ESO. O prazo de presentación de solicitudes remata o 18/10/2023.

Para máis información visitade a páxina do Concello de Begonte.

Distribuir contido



by Dr. Radut