O proceso de admisión dos centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2024-2025, iníciase o día 01/03/2024 e permanecerá aberto ata o día 20/03/2024. Este periodo de admisión é para o alumnado que comeza a etapa de infantil ou para o que queira cambiar de colexio.
Datas:
- Presentación de solicitudes: do 1 ao 20 de marzo. (fóra de prazo)
- Publicación da listaxe provisional: 25 de abril.
- Reclamacións á listaxe provisional: dendo o día 26 ao 3 de maio.
- Publicación da listaxe definitiva: 15 de maio.
- Formalización da matrícula: dende o día 20 ao 30 de xuño.
Como presentar a solicitude (opcións):
- Cubrir a solicitude na aplicación web da Consellería de Educación: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ e asinala na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B
- Enchendo o impreso ED550B e presentándoo na secretaría do colexio cos seguintes documentos:
- Impreso ED550B (solicitude de admisión).
- Anexo II-bis (datos dos membros computables da unidade familiar)
- Fotocopia do libro de familia ou DNI.
Referencias Legais:
- Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG 08/11/2022), pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e regúlase o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinos de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio , de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
- Decreto 13-2022 do 3 de febreiro (DOG 11/02/2022), polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinos de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Lei 39/2015 do 1 de outubro (BOE 02/10/2015), de procedemento administrativo común das administracións públicas.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ED550B.pdf | 1.28 MB |
ANEXO II-bis.pdf | 668.87 KB |