A reserva, admisión e matrícula está dirixido a alumnado que se incorpora ao sistema ou que cambie de colexio. O alumnado que xa está está matriculado neste centro educativo non precisa dun novo procedemento de admisión e matrícula.
Solicitude de reserva de praza para aqueles alumnos que pasan de etapa: O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024. A solicitude preferiblemente cubrirase na aplicación admisionalumnado e presentarase en Sede Electrónica ou, de forma presencial, na secretaría do colexio.
Solicitude de ADMISIÓN para aqueles alumnos/as que entran por primeira vez no sistema educativo galego ou que desexen cambian de centro: do 1 ao 20 de marzo de cada ano, ambos incluídos. A solicitude preferiblemente cubrirase na aplicación admisionalumnado e presentarase en Sede Electrónica ou, de forma presencial, na secretaría do colexio.
Solicitude de ADMISIÓN extraordinaria: aberto durante todo o curso, presentando nas dependencias do colexio ou na Xefatura Territorial de Lugo.
Referencias Legais:
- ORDE do 21 de outubro de 2022, regula o proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostenidos con fondos públicos.
- DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.