Solicitude de MATRÍCULA: O alumnado formalizará a súa matrícula no centro educativo, nos seguintes prazos: do 20 ao 30 de xuño (finalizado). O alumnado que xa está está matriculado non precisa dun novo procedemento de matrícula.
A documentación a presentar é a seguinte:
- O formulario ANEXO III - 1 de formalización de matrícula, enchido e asinado polos dous proxenitores ou titores legais. Deberá ser asinado polas persoas que ostenten no día da data a patria potestade do alumno/a.
- Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros da unidade familiar (cando non autorice a súa consulta)
- Fotocopia das follas do Libro de Familia onde figuren os titulares do mesmo e o fillo/a, xunto co orixinal para o seu cotexo.
- Fotocopia da tarxeta de prestación sanitaria.
- Informe médico no que conste que, dende o punto de vista sanitario, o/a menor conta coas condicións de saúde axeitadas para ser escolarizado nun centro ordinario (vacinacións e de non padecer enfermidade infecto-contaxiosa).
- Dúas fotografías do alumno/a.
- Certificado de empadronamiento (Padrón Municipal).
Anexos:
- ANEXO I. Manifestación expresa dos pais/titores legais da vontade de que o alumno/a reciba ou non ensinanzas de relixión.
- ANEXO II. Elección da opción sobre a primeira lingua estranxeira que o alumno/a cursará durante as etapas de Educación Infantil e Educación Primaria.
- ANEXO III. Autorización para o uso da imaxe persoal do alumno/a.
- ANEXO IV. Ficha cos datos persoais e familiares para cumplimentar no programa XADE da Consellería de Educación.
- ANEXO V. Solicitude do servizo de transporte e de comedor escolar.
- Cuestionario para as familias do alumnado de educación infantil.
- Solicitude de transporte escolar para usuarios de paradas situadas a menos de 2 km.
Exención Lingua Galega (soamente para alumnos de 5º e 6º de E.P):
Programa Alerta Escolar:
- Formulario para inscribir aos alumnos no programa Alerta Escolar
- Tríptico informativo do programa Alerta Escolar.
Referencias Legais:
- ORDE do 21 de outubro de 2022, regula o proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostenidos con fondos públicos.