Skip to Content

Secretaría

AXUDAS material escolar para o curso 2023/2024 do CONCELLO DE BEGONTE

O Concello de Begonte convoca unhas axudas de material escolar para os alumnos de Educación Primaria e libros para os alumnos/as da ESO. O prazo de presentación de solicitudes remata o 18/10/2023.

Para máis información visitade a páxina do Concello de Begonte.

Aplicación de comunicación ABALARMÓBIL para as familias

Rogamos ás familias que instalen nos seus teléfonos móbiles a aplicación abalarMóbil porque van poder consultar os posibles avisos ou notificacións por parte do centro educativo.

Con abalarMóbil podedes dispoñer das seguintes funcionalidades:

  • Consultar e xustificar as faltas de asistencia
  • Acceder aos datos persoais
  • Consultar as cualificacións.
  • Solicitar unha cita de titoría
  • Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
  • Acceder á mensaxería de abalarMóbil, que facilita a comunicación entre o centro e os responsables do alumnado, ou entre o profesorado e este.

Podedes instalar esta aplicación dende Google Play (Android) ou na App Store (Iphone):

Fai clic na imaxe para ir a google play Fai clic na imaxe para ir a app store

LIBROS DE TEXTO para o curso 2023-2024

Aquí podedes consultar os libros de texto para o próximo curso escolar de Educación Primaria.

MATRÍCULA curso 2023/2024

Todos os alumnos e alumnas que presentaron solicitude de admisión de matricula, para o vindeiro curso 2023-2024, foron ADMITIDOS.

As familias poderán formalizar a súa matrícula dende o día 20 ao 30 de xuño. Transcorrido este prazo, entenderase que o alumnado non matriculado renuncia á praza adxudicada.

 A documentación a presentar é a seguinte:

  • Anexo III - 1 de formalización de matrícula debidamente cuberto e asinado polos dous proxenitores ou titores legais. Deberá ser asinado polas persoas que ostenten no día da data a patria potestade do alumno/a.
  • Fotocopia das follas do Libro de Familia onde figuren os titulares do mesmo e o fillo/a, xunto co orixinal para o seu cotexo.
  • Fotocopia da tarxeta de prestación sanitaria.
  • Informe médico no que conste que, dende o punto de vista sanitario, o/a menor conta coas condicións de saúde axeitadas para ser escolarizado nun centro ordinario (vacinacións e de non padecer enfermidade infecto-contaxiosa). 
  • ANEXO I. Manifestación expresa dos pais/titores legais da vontade de que o alumno/a reciba ou non ensinanzas de relixión.
  • ANEXO II. Elección da opción sobre a primeira lingua estranxeira que o alumno/a cursará durante as etapas de Educación Infantil e Educación Primaria.
  • ANEXO III. Autorización para o uso da imaxe persoal do alumno/a.
  • Ficha cos datos persoais e familiares para cumplimentar no programa XADE da Consellería de Educación.
  • Dúas fotografías do alumno/a.
  • Certificado de empadronamiento (Padrón Municipal).

NotaRematado o prazo oficial todas as solicitudes de admisión, serán recollidas igualmente no centro educativo, e deberán esperar a autorización da Inspección Educativa.

FONDO SOLIDARIO de libros e material para o curso 2023/2024

Na Orde do 10 de maio de 2023, saíu publicado o texto da convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso escolar 2023/2024.

O prazo para presentar as solicitudes vai dende o día 20/05/2023 ao 21/06/2023, ambos os dous incluídos. O número do procedemento administrativo que se corresponde coa orde é o ED330B.

A forma de presentar as solicitudes poderá ser (unha das tres opcións):

  1. Preferentemente de forma electrónica (na sede electrónica da Xunta de Galicia, presentando unha solicitude individual para cada un dos seus fillos ou fillas).
  2. Presencial coa asistencia da aplicación (é dicir, cubrindo os datos na aplicación fondolibros, imprimir os anexos I e II xerados na páxina web e presentándoos na secretaría do centro educativo).
  3. Presencial enchendo a man os Anexos I e II da orde da convocatoria e presentándoos na secretaría do colexio.

Nota: O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no actual curso escolar 2022-2023.

PLAN DIXITAL

Achegamos, o Plan Dixital do noso centro, ao resto da comunidade. O obxectivo deste plan é o desenvolvemento da competencia dixital do alumnado e o uso das tecnoloxías dixitais na aprendizaxe.

Distribuir contido



by Dr. Radut