Fíxose pública a listaxe PROVISONAL de solicitudes admitidas en Fondo Libros; así como, o número de libros que lle corresponde a cada alumno ou alumna.
Polo caracter CONFIDENCIAL destas listaxes (segundo o artigo 13 e na disposición adicional sexta da Orde do 7 de maio de 2024 (DOG do 20/05/2024), están suxeitos ao deber de confidencialidade e á lexislación sobre protección de datos) soamente poden consultarse de dúas formas:
- Coa chave 365 ou certificado dixital na propia aplicación da Consellería de Educación: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
- Na listaxe exposta na recepción do colexio (artigo 13 da orde e disposición adicional sexta polo deber de confidencialidade polo que estes actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar).
O xoves 4 de xullo publicaranse as listaxes definitivas; de maneira que, a partir dese día, xa poderedes recoller os vales dos libros e do material na secretaría do centro.
Referencias Legais:
Ligazóns: