Skip to Content

Biblioteca creativa

Programamos unha alarma

O reto de hoxe consistiu en programar o mBoot para que cando nos achegamos a el se encenderan os leds internos e emitise ademais unha sinal acústica.

Tivemos que pensar moito, pero... conseguido!

Presentámonos

O alumnado de 6ºB comeza a coñecer o programa mBlock e a presentarse co mbot. Pouco a pouco, irán descubrindo todas as súas posibilidades para avanzar na  programación do mBot. Adiante!

Tabletas

Nesta ocasión tocoulle aos peques do cole...empregaron as tabletas para dirixir o mBot e para traballar a atención 

Seguimos probando

Hoxe estreamos tabletas e a través da aplicación makeblock experimentamos as diferentes posibilidades que ofrecen os mBot. O seguinte paso...programar.

Exploramos

Continuamos explorando as oportunidades que nos ofrecen os mBot

Montamos Mbot

Continuamos traballando no proxecto de iniciación á robótica.

Hoxe, montamos algún MBot que nos permitirá iniciarnos na programación e robótica.

Máis imaxes aquí

Robótica en inglés

Na hora de inglés tiveron a sorte de contar con dous amigos que guiaron ao alumnado para atopar os diferentes lugares da cidade. Que ben o pasaron!

Creamos con Lego

Comezamos co proxecto de introdución á robótica.

Irémosvos contando as nosas experiencias! Que emoción!

Preme na imaxe para ver como traballan na aula de sexto B

 

Cóntovos un segredo...os peques do cole tamén se animaron a empregalo.

Preme aquí para saber máis!

Cantos contas?

Contando, contando...na aula de catro anos empregan o beebot para asociar o número á cantidade! Xa lle van collendo o truco aos xiros do robot! 

 

 

 

Escape room na biblio

Todo comeza cunha mensaxe de dúas científicas que descubriron os compoñentes da vacina contra o Coronavirus, pero fáltalles saber a cantidade exacta de cada un e...uns ladróns queren seguir a súa pista. As nenas e os nenos do cole axudáronlles pero para logralo e fuxir a tempo do laboratorio tiveron que superar unha serie de probas: candados numéricos e de direccións, imáns, códigos QR, tinta invisible, coordenadanas no xeoplano, códigos secretos e robótica!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut