Skip to Content

Nadal 2016

O pasado mércores tivo lugar o tradicional festival de Nadal, no que poidemos escoitar varias cancións, desfrutar de bailes de distintos lugares, ver obras de teatro, recibir os premios do concurso de postais do Concello e do cole, e o máis importante...contaxiarnos de enerxia para seguir desfrutando das festas. 

Preme na imaxe se queres ver algunha fotografía do festival

Charla Garda Civil

O pasado venres o alumnado de 5º e 6º de primaria asistiu a unha charla da Garda Civil sobre violencia de xénero, estereotipos, feminismo,...

Que ningúen...

O Mannequin Challenge chegou a Palas da man do alumnado de 3º e 4º de primaria. Fixérono, na sesión de música, para mostrarnos unha mensaxe moi clara no Día Contra a Violencia de Xénero: que ninguén che faga chorar, que ningúen corte as túas ás ao voar...

Teatro contra a violencia de xénero

Hoxe, 25 de novembro, é o Día contra a violencia de Xénero. No cole conmemorámolo da man do grupo de Alentía teatro, quenes interpretaron a súa obra Fantamima.

Fagamos que este día se estenda a todos os días do ano, con respecto e non discriminación podemos dicirlle NON á violencia

Preme aquí para ver algunha imaxe

Campionato de peón e magosto 2016

Peóns, música, baile e castañas ben quentiñas son os ingredientes perfectos para festexar o MAGOSTO. Así o fixemos no cole o pasado venres, se queres ver algunha imaxe do momento preme aquí.

 

 

Mochila viaxeira

O vindeiro luns 14 de novembro, comeza a súa andaina a Mochila Viaxeira. E...por onde viaxará? Dende a Bibliteca Escolar ata os fogares do alumnado de 1º e 2º curso de primaria, quenes poderán manter momentos de encontro e lecturas compartidas en familia co fin de fomentar o hábito lector.

Irá cargadiña de contos, revistas, historias, personaxes e,...de todo aquelo que poidades imaxinar!

Agardade a vosa quenda, a viaxe comeza en 3,2,1...

Samaín

Quen dixo medo? Se queres ver o ben co pasamos os nenos e as nenas de Educación Infnatil na festa do Samaín preme na imaxe.

Graciñas a todas as familias que participastes aportando cabazas...un traballo estupendo!!!

Calendario escolar curso 2016/2017

Preme na imaxe para ver o calendario do curso 2016/2017

Xogo outono

As nenas e os nenos de Educación Infantil estivemos xogando no EDI (Encerado Dixital Interactivo)

Fixémolo moi ben e gustounos tanto que seguiremos traballando para acadar unha mellor habilidade! Deixámosvos unha actividade sobre o outono para que poidades seguir practicando no ordenador das vosas casas. So tedes que premer enriba da imaxe e...a xogar!

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

O 22 de Xuño, celebramos no noso colexio a festa de fin de curso, onde todos os nenos e nenas, poideron gozar de numerosos xogos, bailes e dun espectáculo de maxia. Finalmente,entregamos un diploma a persoa gañadora do certame de contos.Se premedes na imaxe, poderedes acceder a galería fotográfica.

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut