ORDE do7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/2025 (código de procedemento ED330B).
• A quen vai dirixida?
- Fondo solidario de libros de texto a 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria. (O alumnado que curse 5º e 6º de educación primaria no curso 2024/25 estará inmerso no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) e, polo tanto, está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto)
- Axudas para adquirir libros de texto a 1º e 2º de educación primaria.
- Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria.
• Cal é o prazo para presentar as solicitudes?
Dende o 21 de maio ata o 21 de xuño, ambos incluídos.
• Onde se presentan as solicitudes?