Skip to Content

A empatía

Na aula de 4 anos, probaron a silla da empatía

En ocasións, resulta moi difícil ser empáticos (incluso aos adultos) pero é moi importante ser capaces de entender como se sinte a persoa que temos ao lado e, así, camiñar cara o respecto.

Para ir desenvolvendo esta capacidade observamos diferentes escenas e as súas personaxes, “poñémonos no seu sitio”, “sentámonos na súa silla” e verbalizamos como se sinten e porque.

 



story | by Dr. Radut