Skip to Content

Pautas educación emocional e prevención de conflitos

Nesta tarde de Escola de familias, profundizamos en aspectos como asertividade, frustración e resolución de conflitos.

 

Pilar Porral, de Coeduca, ofrécenos un resumo das dúas últimas charlas formativas.

Podes acceder ás mesmas dende os seguintes enlaces:

1.Pautas educación emocional.

2.Pautas de prevención de conflitos e habilidades persoais.

Material en Valencia

Á primeira hora da mañá Manu, Dani, José Luís e as súas acompañantes chegaron a Massanassa e a Guadassuar para entregar o material de limpeza e escolar coa fin de axudar aos centros destes Municipios.

Moitas grazas a estas persoas por facer posible a entrega, así como a Fernando. 

Axuda Valencia

Estimadas familias, veciñanza de Palas e centros colaboradores:

 

Sairon dende o noso centro 3 furgóns con destino aos Municipios de Guadassuar e Massanassa para entregarlles material de limpeza e material educativo.

 

Queremos dar as grazas, de corazón:

 

-Aos centros que colaboraron na iniciativa (enumerados ao final).

-Ás familias, empresas locais e veciñanza de Palas de Rei pola súa implicación.

-Ás numerosas mamás e papás do noso cole que onte venres encheron os corredores do noso centro de ilusión, ganas, sorrisos...para preparar todo o material que fomos recibindo. E hoxe sábado cargaron os furgóns.

-E por suposto, a Fernando e aos seus compañeiros Manu, Dani e José Luís, que viaxarán á Comunidade Valenciana, facendo posible a entrega de material.

 

Ao longo desta semana seguiremos recollendo no noso centro o seguinte material escolar: folios, cartolinas, lapis, gomas, afialapis, bolígrafos, tesoiras, pegamento, pinturas, rotuladores, estoxos, xogos educativos e puzzles de 3 a 12 anos...

Colaboraremos co Municipio de Catarroja e esperamos poder facer a entrega a vindeira fin de semana, ou no momento en que os centros educativos estean preparados para recoller o material.

 

Centros colaboradores:

CEIP Eloísa Rivadulla e CEIP Plurilingüe Xoán de Requeixo (Chantada)

CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos e CEIP Plurilingüe A Gándara (Monforte de Lemos)

CEIP Paradai, CEIP Menéndez Pelayo, CEIP Sagrado Corazón e Escola Educación Infantil Fingoi 2 (Lugo)

CEIP Plurilingüe Santa María do Valadouro (O Valadouro)

CEIP Ramón Falcón (Castro de Rei)

CEIP Veleiro-Do Campo (Castro Riberas de Lea)

CEIP Rosalía de Castro (Pol)

CEIP Plurilingüe de Nadela (Nadela)

CPI Luís Díaz Moreno (Baralla)

Escola de Educación Infantil Xela Arias (Sarria)

CEIP Plurilingüe San Xoán (Becerreá)

CEIP Plurilingüe Santa Maria (A Fonsagrada)

CPI de Cervantes (Cervantes)

Escola Infantil de Arzúa (Arzúa)

Escola Infantil Municipal de Palas de Rei e CEIP Plurilingüe Palas de Rei (Palas de Rei)

 

Asinado: un claustro abraiado e emocionado coa solidariedade, a empatía e a axuda recibida.

 

Escola familias

Este luns, día 18 de novembro ás 17h, na Casa da Cultura, teremos a xuntanza deste mes da escola de familias. Pilar Porral centrarase en novas temáticas, a través de exemplos prácticos: Habilidades para previr conflitos, a frustración e a asertividade.


Bibliopatio

Aproveitamos o soliño de novembro para sacar a bibliopatio!

Canto nos gusta!

Teatro

O día 26 temos unha cita con Alentía Teatro!

Ana Meilán

Nesta tarde de lectura e familias, a escritora Ana Meilán fíxonos viaxar a través dun “Universo na túa maleta”.

Gracias por facernos voar e imaxinar! 

 

 

Magosto e torneo de peóns

Castañas asadas, peóns e música... todo para pasar un magosto estupendo!

Moitas gracias á Asociación Palacio do Rei por darlle ritmo á xornada.

Parabéns a todo o alumnado participante no XIII torneo de peóns.

Preme aquí para ver máis imaxes.

Lectura e familias

Tic, tac…


Unha nova aventura... Gracias ao Concello pola súa colaboración.

Pronto saberedes máis! 

Distribuir contido


by Dr. Radut