No cole tentamos seguir as recomendacións que se nos fan dende a Rede de Bibliotecas Escolares Galegas que pretenden unir a biblioteca con todas as áreas de aprendizaxe. Por iso, á hora do comedor e aproveitando que estabamos a traballar a temática do medo, decidimos unilo coa PAPIROFLEXIA. Así os nenos e nenas voluntarios practicaron a simetría, a orientación espacial, a lateralidade ou o seguimento de instrucións elaborando monstruosas teas de araña de diferentes formas. Aquí tedes unha mostra dos traballos. Parecía fácil! Non si? Pois abofé que non o é!