Skip to Content
CEIP PLURILINGÜE DE OUTES

SAISA VISITA AS CLASES

Estes días Saisa andivo polas clases de excursión repartindo libros sobre culturas, acertixos e globos para realizar un Sistema Solar entre todos.

Esta Saisa é moi curiosa! Tamén quere saber que significa iso do Solsticio de Inverno e que relación ten co noso Nadal! 

Vide vela á biblio, ás veces está moi aburrida...

Profe dinamizando na clase de 6º o proxecto da biblioteca coa mascota Saisa.

EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA

Saisa estivo facendo unha recopilación de libros que falan de diferentes culturas e tamén relacionados co Universo co gallo do Nadal e o solsticio de inverno. Pasade pola biblio para poder investigar e descubrir! Estámosvos esperando!

Exposición de libros sobre universo e culturas

Contos do mundo

Contos do mundo

Imaxes de contos sobre o universo

25N: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Os alumnos e alumnas de 6º fixeron unha representación para a todo o cole que resultou moi moi interesante. Esta actividade tiña como obxectivo concienciar sobre a necesidade de frear a VIOLENCIA DE XÉNERO. Representárono a través de teatro, da palabra e ata coa música. Aquí vos deixamos unhas imaxes.

Representación do día da concienciación contra a violencia de xénero.

Collage

Final da representación.

SAÍDA ESCOLAR 1º E 2º TEATRO "ROEDORES"

Aquí vos deixamos unhas imaxes da nosa excursión a Santiago. Fomos ver unha obra de teatro ao Auditorio Abanca titulada "Roedores". Nela cóntase a historia de "Munda" e "Peludiño", unha rata de alcantarilla e un hamster ruso siberiano, dous personaxes moi diferentes e á vez moi parecidos. 

nenos e nenas de 1º e 2º merendando na praza da Quintana

Nenos e nenas da Serra de Outes xogando no patio coas follas

Atopamos estes ensaios da obra coa canción do final por se queredes volver a escoitala.

 

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

SAISA E AS SÚAS BIBLIOVIAXES

Saisa estivo buscando algúns enlaces ás culturas que escolleron os titores para traballar por cursos. Tamén estivo recopilando libros. Vai pouco a pouco porque ten moito traballo pero está moi contenta porque aprendeu xa un montón de cousas. Aquí vos deixa moitos enlaces. Irá subindo máis ao longo destes días así que estade atentos! Tamén vos deixa un interesante artigo sobre a celebración do solsticio de inverno.

ROMA:

CHINA: 

GRECIA 

INDIA 

ESPAÑA: 

CELTAS: 

INCAS:

EXIPTO: 

AUSTRALIA:

CHARLA DE NUTRICIÓN EN 6º

Os alumnos e alumnas de 6º tivemos a sorte de contar o día 5 de Novembro cunha interesante charla sobre nutrición. Aquí vos deixamos unhas imaxes.

 

 

 

OUTONEANDO EN OUTES!

Xa temos na biblio o libro das receitas do outono!

Pasádevos para miralo!

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do cento de receitas que chegaron das casas. Unha vez máis, moitas grazas pola vosa colaboración!

Saisa está contentísima! Mirade como sorrí na foto!

 


LECTURAS PROPOSTAS PARA O 20 DE NOVEMBRO

Á biblio do cole chegou o seguinte libro que trae unhas lecturas moi interesantes para traballar os dereitos da infancia o 20 de Novembro. Aquí vos deixamos tres exemplos delas e o epílogo do  libro. O prólogo é de Francesco Tonucci. Tamén vos deixamos o enlace a unha páxina con moitos recuros para traballar este tema. 

 

SAISA E AS SÚAS BIBLIOVIAXES

A nosa amiguiña Saisa pasoulle a fame con tantas receitas do outono. Pero agora... seica está un pouco aburrida...

Contounos que dende que chegou procedente doutro planeta, so coñece o cole e a Serra de Outes! Estivo buscando libros de lugares e culturas e está entusiasmada en iniciar unha viaxe. Axudámoslle a coñecer o mundo?

A nosa mascota é un mar de dúbidas! O primeiro que se preguntou é se en todos os lugares do mundo se celebraba o Nadal é porque. Averiguou que o Nadal e outras festas internacionais destas datas veñen de tradicións moi antigas e, sobre todo, da celebración do SOLSTICIO DE INVERNO.

Como é moi curiosa estivo mirando e mirando pola rede e atopou todos estes enlaces, xogos, fichas... e demais materiais para que investiguedes que é iso do solsticio do inverno e outras características do sistema solar.

SAISA DESÉXAVOS FELIZ BIBLIOVIAXE!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut