Durante os recreos de choiva de inverno na biblioteca estivemos coloreando os seguintes murais sobre a forma de vestir nas diferentes culturas. Para facelo mellor os nenos e nenas buscaron información nos ordenadores sobre estes traxes e así que quedaran o máis parecidos á realidade. Igualmente, nalgunhas clases estiveron escribindo os nomes das diferentes partes dos traxes típicos e así coñecendo novo vocabulario.
Agora están expostos no corcho da planta superior.