Skip to Content
CEIP PLURILINGÜE DE OUTES

FOTOS DE NADAL

Aquí vos deixamos unhas fotos do Nadal 2014.

A cantiga que soa de fondo é do grupo galego Mamá Cabra, do disco "Xa me tardan eses Magos"  (Editorial Galaxia)

Portada do disco de Mamá Cabra "Xa me tardan eses magos"

 

ACTIVIDADES DE NADAL 2014 from CEIP Serra de Outes on Vimeo.

ACTIVIDADES DE NADAL

Aquí vos deixamos unha mostra das actividades do Nadal propostas polo Equipo da Biblioteca. Todas estas cousas aprendimos de como se celebra o solsticio de inverno nas diferentes culturas.

Mural sobre o solsticio de inverno en Roma

Mural sobre o solsticio de inverno en Grecia

Mural sobre o solsticio de inverno en China

Mural sobre o solsticio de inverno na India

Mural sobre a celebración do solsticio de inverno en España

Mural da imaxe de Xosé, María e o neno Xesús coa cor da pel oscura.

Mural sobre a celebración do solsticio de inverno en Galicia

mural sobre a celebración do solsticio de inverno na cultura celta

Mural sobre a celebración do solsticio de inverno en Exipto.

 

 

 

 

TALLER DE BANDEIRAS

 

A actividade consistiu en que os nenos e nenas que quixeron anotarse participaron na elaboración de bandeiras para colocar como adorno na sala de consulta. Esta é unha tarefa máis dentro do proxecto multicultural de SAISA E AS SÚAS BIBLIOVIAXES que contribúe a convertir a biblio non so en lugar de lectura se non tamén en centro de recursos e lugar de aprendizaxe.

Esta tarefa vai na liña temática que se propón para este ano dende a Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia que ten por título Biblioteca Escolar Matemático…

O alumnado traballou en grupos cooperativos e heteroxéneos. Os máis pequenos tiveron a función de pintores, expertos en tesoiras e criptógrafos (tiñan que descifrar unha mensaxe escrita coa linguaxe marítima dos barcos que, “casualmente”, tamén son bandeiras). Os máis maiores convertíronse en investigadores, buscando en internet como eran as cores da bandeira do seu grupo, e deseñadores. Esta última tarefa era máis complicada pois tiñan que resolver unha ecuación matemática que mesturaba xeometría e fraccións. Dado un rectángulo de altura A, sendo A=10 cm, había que calcular a base de valor 3/2 de A. A cousa non acababa aquí pois dentro da propia bandeira as proporcións das franxas dependían do país que lle tocara. 

Saisa está feliz coa vosa visita e tamén co bonita e multicultural que quedou a biblio! Volvede cando queirades!

Nenos e nenas traballando nun taller de bandeiras

Nenos e nenas na biblioteca escolar facendo un taller de bandeiras

Nenos e nenas traballando na biblioteca nun taller de bandeiras

Mascota da biblio coas bandeiras feitas polos nenos e nenas do colexio

Mascota da biblioteca escolar na asla de lectura rodeada de bandeiras feitas polos nenos e nenas do colexio

 

O COLE VÍSTESE PARA O NADAL

Non queda nada para as vacacións de Nadal, así que o cole cada día amañece con novos adornos nas aulas. Aquí vos deixamos unha mostra!

Adornos de nadal: porta con bonescoas de neve, árbores nas fiestras, copos de neve feitos con papiroflexia e árbore de nadal adornada con axeliños feitos polos nenos e nenas.

 

Collage dun mural do solsticio de inverno, un calendario de adviento en forma de árbore, un duende dos desexos e o cartel onde di o que hai que facer para pedir un.

Porta adornada coas letras de inverno, árbore de nadal celta adornada con debuxos de cáscaras de ovos, bolas de nadal nun mural e ventana con copos de neve feitos con papiroflexia.

Collage de fotos con porta adornada con bolas feitas de papel, árbore de nadal na parede, porta on de pon feliz nadal e ventana con debuxos relacionados co nadal.

Collage de fotos co sistema solar, porta onde aparece unha casa nevada e a palabra bo feliz nadal, fiestra con copos de neve feitos con papiroflexia e árbore de nadal adornado.

MURAIS DE CONVIVENCIA

O Equipo de Convivencia propúxonos elaborar murais coas proncipais normas do centro. Este foi o resultado que podedes ver nos corredores. 

Murais feitos polo alumnado coas principais normas de convivencia.

Murais de normas de convivencia: escoitar, compartir e coidar o material.

SAISA VISITA AS CLASES

Estes días Saisa andivo polas clases de excursión repartindo libros sobre culturas, acertixos e globos para realizar un Sistema Solar entre todos.

Esta Saisa é moi curiosa! Tamén quere saber que significa iso do Solsticio de Inverno e que relación ten co noso Nadal! 

Vide vela á biblio, ás veces está moi aburrida...

Profe dinamizando na clase de 6º o proxecto da biblioteca coa mascota Saisa.

EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA

Saisa estivo facendo unha recopilación de libros que falan de diferentes culturas e tamén relacionados co Universo co gallo do Nadal e o solsticio de inverno. Pasade pola biblio para poder investigar e descubrir! Estámosvos esperando!

Exposición de libros sobre universo e culturas

Contos do mundo

Contos do mundo

Imaxes de contos sobre o universo

25N: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Os alumnos e alumnas de 6º fixeron unha representación para a todo o cole que resultou moi moi interesante. Esta actividade tiña como obxectivo concienciar sobre a necesidade de frear a VIOLENCIA DE XÉNERO. Representárono a través de teatro, da palabra e ata coa música. Aquí vos deixamos unhas imaxes.

Representación do día da concienciación contra a violencia de xénero.

Collage

Final da representación.

SAÍDA ESCOLAR 1º E 2º TEATRO "ROEDORES"

Aquí vos deixamos unhas imaxes da nosa excursión a Santiago. Fomos ver unha obra de teatro ao Auditorio Abanca titulada "Roedores". Nela cóntase a historia de "Munda" e "Peludiño", unha rata de alcantarilla e un hamster ruso siberiano, dous personaxes moi diferentes e á vez moi parecidos. 

nenos e nenas de 1º e 2º merendando na praza da Quintana

Nenos e nenas da Serra de Outes xogando no patio coas follas

Atopamos estes ensaios da obra coa canción do final por se queredes volver a escoitala.

 

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

Distribuir contido


by Dr. Radut