Skip to Content
CEIP PLURILINGÜE DE OUTES

Chega o San Martiño

Como di o refrán: "Polo San Martiño, trompos ao camiño".

E como O San Martiño xa está ás portas (11 de novembro), ide buscando os trompos. Pois ao regresar destes agradables días de descanso, botarémolos para facer que bailen e bailen ... 

¿Animados/as?. ¡Espero que siiiii!.

Imaxe dun trompo e a súa corda para facelo xirar

BONECAS COLABORATIVAS

O alumnado de 6º curso estivo axudándolle aos pequenos e pequenas de infantil a facer as súas bonecas coas espigas de millo dentro dunha actividade proposta polo equipo de plurilingüismo. Os nenos e nenas de infantil realizan bonecas de millo coa axuda do alumnado de sexto. Collage con imaxes desta actividade.

Nenos e nenas de infantil e 6º facendo bonecas coas espigas de millo no laboratorio do centro que posúe mesas rectangulares. Están cubertas de periódico e nelas vense as pinturas e o millo.

Imaxes de cerca da actividade onde os nenos e nenas de 6º axudan aos de infantil a facer bonecas de millo.

Nenos e nenas de 6º e infantil posando coas súas bonecas de millo feitas de forma coolaborativa

Instantes de axuda do alumnado de 6º aos de infantil na actividade das bonecas con espigas de millo.

OBSERVANDO A NATUREZA

O alumnado de 4º de EP saiu a dar un paseo pola contorna para aplicar os seus coñecementos de Ciencias Naturais. 

Nenos e nenas paseando pola contorna.

Nneos de paseo por Outes

Fotos dos nenos e nenas visitando a contorna e momento no que atoparon unha xoaniña.

Nneos e nenas no campo collendo notas.

Nenos e nenas mirando a natureza e foto das follas dunha árbore.

PARCHÍS NOS RECREOS

Os xoves nos recreos na biblio hai campeonatos de parchís. Aquí vos deixamos uns instantes do xogo! 

Nneos e nenas xogando ao parchís en catro mesas distintas por idades.

MÉRCORES DE CONTACONTOS

 

Nenas de 6º contando un conto aos pequenos de catro anos. Momento desa lectrura.

Nenas de 6º con sombreiros contando un conto aos pequenos. Pantalla dixital coa imaxe da cantiga de Susanita tiene un ratón.

Neno e nena de 4 anos. Un cun combreiro verde e outro rosa. Primeiros planos. El é moreno e está sorrindo, ela é  rubia de media melena con ollos grandes.

CURTAS NO RECREO

Un martes máis vimos unha curta e reflexionamos sobre ela. Desta vez tocoulle o turno ao 12 de Outubro e a súa celebración. Aquí vos deixamos un momento de intervención no coloquio.

Nena expoñendo a súa opinión sobre a celebración do 12 de outubro diante dos seus compañeiros

 

MÉRCORES DE CONTACONTOS

A partir do mércores que ven (21 de Outubro) temos contacontos no recreo. Os expertos narradores serán os nenos e nenas que se presentaron voluntarios de 4º, 5º e 6º de EP. Animádevos a vir a escoitalos, seguro que vos han de gustar as súas escollas! 

Dende a biblio preparamos estes pequenos consellos para que as vosas lecturas sexan un éxito.

Na porta da biblio a partir de mañá poderedes consultar quen conta o conto e que conto conta. 

Benvidos e benvidas á nova tempada de campo a través.

Os profesores e profesoras, que elaboramos e levaremos a cabo o poxecto “Xogade e o campo a través no C.E.I.P. Plurilingüe da Serra de Outes” ao longo do curso, queremos darlles a benvida a todos os nenos e nenas de 2º a 6º de E. Primaria, que se animaron a formar parte deste proxecto.

Evidentemente, sen vós non tería sentido nen sería posible, posto que se fixo, precisamente, pensando en darlle ao alumnado do noso centro a oportunidade e a posibilidade de adestrar e competir na modalidade de campo a través, pois doutro modo non poderías facelo. Ademais, ao mesmo tempo, preténdese que estes rapaces e rapazas vaian adquirindo uns hábitos de vida saudables, cada vez máis necesarios, ao contar a sociedade actual, en xeral, cuns hábitos de vida bastante sedentarios e pouco saudables.

Por suposto, tamén animamos a todas aquelas persoas (familiares e amizades do noso alumnado), que de forma desinteresada e altruista nos acompañaron, apoiaron e axudaron en diversas xornadas da pasada tempada, a que o sigan facendo, na medida das súas posibilidades, claro está.

A primeira xornada de competición, desta tempada, terá lugar o vindeiro 20 de novembro, venres, a non ser que haxa algunha modificación por parte da organización. De ser así, xa se vos informaría.

Moitas grazas a todos e todas por querer formar parte deste proxecto!!!.

 

Seguiremos en contacto...

MARTES DE CURTAS

Aquí tedes os primeiros comentarios aos vídeos expostos este martes na sala de audivisuais dentro do ciclo MARTES DE CURTAS NA BIBLIOTECA. Moitas grazas a todos e todas por vir! Esperamos que o pasárades ben! Recordade que o martes que ven haberá máis!

A temática das curtas escollidas iba sobre os Dereitos dos Animais (celébrase o 4 de outubro),  o coidado do medio ambiente e a sobrexplotación dos recursos naturais. Estas foron algunhas da reaccións.

Neno dicindo  non ao maltrato animal

Nenas de sexto decindo que os animais valen moito

CURTAS NOS RECREOS

Dende o Equipo da Biblioteca propoñémosvos que veñades no RECREO DOS MARTES na SALA DE AUDIOVISUAIS (en frente da biblio) a ver e charlas sobre pequenas curtas. Aquí vos deixamos a nosa selección para os meses de outubro e novembro. Esperamos que vos gusten! En breve teremos máis preparadas. 

Distribuir contido


by Dr. Radut