Skip to Content
CEIP PLURILINGÜE DE OUTES

Charla sobre os transplantes de corazón

As alumnas e alumnos de 4º curso estivemos aprendendo máis cousas sobre os nosos órganos.  Unha das cousas que máis nos interesou foi coñecer en que consiste un transplante de corazón da man de Juan, o noso entrenador de fútbol, que veu unha tarde ao colexio a explicarnos como viviu el esa experiencia. Moitas grazas Juan por respostar a todas as nosas inquedanzas!

Xornada de convivencia e xogos populares do 3º e 4º niveis de E.P no noso centro, 6 de abril do 2016.

 

O pasado mércores, 6 de abril, os nenos e nenas de 3º e 4º niveis de E.P do C.E.I.P Ricardo Tobío de Esteiro, do C.E.I.P Emilio de Navasqüés do Cruceiro de Róo, dos C.E.I.P Plurilingüe Alexandre Rodríguez Cadarso e C.E.I.P Felipe de Castro de Noia e. por suposto do noso, e boa parte dos seus mestres e mestras, levamos a cabo unha xornada de convivencia e xogos populares, tradicionais e autóctonos nos patios do noso centro.

A xornada desenvolveuse sen incidencias e, a iso das 13h, cada grupo retornou ao seu centro.

Esperamos que todo o mundo gozase da mañán ... e para o vindeiro curso máááis...

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Visita ao Parlamento de Galicia

O pasado mes de febreiro as alumnas e alumnos de 3º e 4º curso visitamos o Parlamento de Galicia. Durante esta visita puidemos visitar moitas das dependencias do edificio do Parlamento ademáis de aprender as súas funcións e desfrutar das obras de arte que alí se expoñen.

 

 

Fase Provincial de campo a través. Narón, 06-03-2016

O pasado domingo, 6 de marzo, ás 14:15h saímos da Serra: unha nena da categoría benxamín feminina, que competiría como individual, os seis mellor clasificados da categoría benxamín masculina (campións na fase intercomarcal), un neno da categoría alevín masculina que, como a nena, tamén competiría como individual e dúas profes. Pero, ademais acompañáronnos boa parte dos pais, nais e irmáns dos corredores e da corredora que nos representarían en Narón, na fase provincial de campo a través, como xa fixeran noutras ocasións, sin importarlles que se tratase dunha desapacible tarde de domingo.

Sobre as 15:45h chegamos a Narón, onde comprobamos que o lugar no que se ían levar a cabo as distintas carreiras de competición estaba completamente encharcado... Pouco despois era unha auténtica lameira. Ademais, o espazo cuberto no que poder resgardarse da chuvia era mínimo, non había aseos, ... e na nosa nena e nalgún dos nenos afloraban os nervos. Tanto era así que, nalgún intre, ben pensei que algún non sairía a competir. Porén, tras falar con eles/a e explicarlles, que só o feito de teren chegado alí era todo un éxito e que para nós sempre serían os/a mellores, fosen cales fosen os resultados acadados, decidiron competir.

Pouco despois, foron levándose a cabo as distintas carreiras. A nosa/os nena/nenos foron chegando á meta e, aínda que o fixeron coa lama deica ás orellas (e non de forma metafórica), desempeñaron un gran papel. Así, o equipo benxamín masculino logrou un meritorio e ben merecido cuarto posto, quedando por diante de moitos dos clubs de atletismo de renome e moitos anos de experiencia de toda a provincia. Faltoulles moi pouquiño para repetir o bronce da tempada anterior.

Parabéns polo voso esforzo e ilusión: Noa, Manel, Brais, Pedro, Sergio, Eloy, Javier e Hugo e, por suposto, tamén aos /ás que quedaron no camiño en fases anteriores, a pesares do seu esforzo tratando de facelo o mellor posible.

Tamén queremos agradecerlles ás familias o seu apoio unha vez máis.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Penpals!

Os alumnos de 4ºA estamos mellorando as nosas destrezas linguísticas en Inglés. Para iso estamos mantendo un contacto moi enriquecedor cun colexio de Verona en EEUU que se chama Sugar Creek Primary School. O primeiro que fixemos foi escribir unhas cartas aos nosos penpals (amigos por correspondencia) e eles nos enviaron tamén as súas. 

 

Desta vez decidimos gravar uns vídeos presentándonos para que nos coñezcan un pouco máis e este foi o resultado!

 

 

ZOOM OUTES

Dossier resultante do proxecto de investigación sobre Outes e a súa localización realizado polos nenos e nenas de 3º de EP coa axuda de Anabel (mestra en prácticas), Adela (mestra de PROA) e Marta (mestra de PT). Esperamos que vos guste e que aprendades tanto ou máis que nós! Se queredes podedes velo en frente da bibllioteca na exposición de libros sobre o noso Concello.

 

 

 

NO DÍA DE ROSALÍA... ARTE E POESÍA!

Aquí vos deixamos unha pequena mostra dos traballos realizados polo día de Rosalía na clase de 3º. Se queredes ver máis mirade no noso blog de A CLASE DOS LISTOS.

 

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

Dende o Equipo da Biblioteca animámosvos a que veñades a coñecer as novidades que compramos este ano para vós e que se atopan nas estanterías da sala de literatura. Saisa está encantada, ten novos contos e libros de consulta.

Aínda nos queda moito por catalogar pero grazas aos colaboradores e aos ordenadores novos cada vez imos máis rápido. Moitas grazas chicos e chicas pola vosa axuda! Estades feitos uns verdadeiros bibliotecarios! 

DÍA DA MULLER

Distribuir contido


by Dr. Radut