Skip to Content

O galego pinta moito

MES DA CIENCIA NAS BIBLIOTECAS... EN GALEGO!

Iniciamos curso con novos proxectos na biblioteca: 

O CLUB DE CIENCIAS

Neste mes de novembro: 

Nas aulas e na biblioteca imos facendo os nosos experimentos. 

En 5º de educación infantil chegou unha misteriosa carta do profesor Aguado. Nela, propoñía un reto para o alumnado.

Con tres utensilios: coador, embude e esponxa,

Seredes quen de trasvasar a auga dun recipiente ao outro? 

Pensando e probando... adiviñaron como facelo!

O alumnado de 2º aproveitou o Samaín para facer o experimento "O globo máxico"

            

 

 

 

SAMAÍN DE MEDO!

O martes 31 de outubro temos organizada unha sesión de contacontos de Samaín. Os maiores contarán contos de medo, deses que asustan moito, dos que arrepían e fan que se nos poñan os pelos de punta.

O alumnado de quinto e sexto participará no concurso de relatos terroríficos. Estamos desexando escoitar esas historias que nos dean calafríos.

O martes 31 cada grupo terá a súa sesión de contacontos e dramatizacións. Aquí vos deixamos o HORARIO.

Durante esta semana estarán expostas as vosas vasoiras terroríficas feitas con material de refugallo.

Agardamos as vosas creacións!
Se queredes aprender máis sobre o Samaín con xogos, cancións, contos... Mirade aquí!
 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de outubro conmemórase o Día das bibliotecas. A biblioteca é o eixe dinamizador de todas as actividades do centro, é un punto de encontro, un lugar para soñar, para viaxar, descubrir, inventar, imaxinar e aprender sen límites.

Queredes participar no concurso de marcapáxinas? Velaí tedes as instrucións. 

Estamos esperando as cosas creacións!

Os axudantes da biblioteca enseñan as zonas de lectura e xogos.

Esperámosvos na vosa biblioteca!

DÍA DAS MULLERES ESCRITORAS

 Hoxe , 16 de outubro, é o Día das Mulleres escritoras. Desde a nosa biblioteca facemos unha pequena homenaxe a todas aquelas escritoras que nos acompañan coas súas historias e relatos ao longo da nosa vida. Algunhas escritoras galegas...

Na biblioteca temos unha exposición de libros escritos por mulleres, para todas as idades e os gustos.

Esperámosvos!

Obradoiro de Xogos Populares

Magosto no Ruxi!

Magín Blanco de novo connosco!

El Hematocrítico de visita no Ruxidoiro!

 O autor visitou a nosa biblioteca co alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º.

Sabedes que El Hematocrítico non é o seu verdadeiro nome?

Entón, quen é este autor?

Chámase Miguel López e naceu en A Coruña en 1976. É mestre de infantil, de inglés e de primaria aínda que agora adícase máis ao mundo da literatura. É escritor, blogueiro, humorista... A nós gústanos moito polos libros que lemos: 

Feliz FerozMax Burbuja e Dona Problemas 

O alumnado de 4º B fíxolle unha entrevista. 

Premede na imaxe para escoitala.

                                

 A visita en imaxes
 
 
 
 
Gabriel, alumno de 4ºB, fíxolle entrega dunha caricatura do autor feita por el. Temos un futuro ilustrador!
Asinando os seus libros!

 

Na biblioteca podedes atopar moitos libros deste autor. 
 
             



             

  

                 
         

    A que esperades para visitarnos?

Preparad@s para o ENTROIDO?

Estamos xa a piques de comezar a nosa semana de Entroido. Seguindo o proxecto de centro de Ruxiverdece, velaí vos deixamos unhas recomendacións por un entroido máis sostible.

O noso planeta vaino agradecer!

E para comezar a troula deixamos os Mandados do Meco para a próxima semana.

FELIZ ENTROIDO!

Distribuir contenido


by Dr. Radut