ESTAMOS DE ESTREA!
Seguimos coas xornadas adicadas á inauguración da nosa biblioteca.
Hoxe tocoulles ao alumnado de infantil, 1º, 2º e 3º de primaria.
Os protagonistas para cortar a cinta foron dúas nenas de 6º de Educación Infantil. Que ben o fixeron!
Para inaugurar a biblio ao grande visitounos Pablo Nogueira cunha contada dos seus libros "Nube Branca quere ser astronauta" e "A banda de Raimunda". Mirade o decorado que prepararon os voluntarios e voluntarias de 6º. Ademais o alumnado de 6º de Educación infantil prestounos o seu mural dos Planetas. Maiores e pequechos xuntos, un gran traballo en equipo!
Os grupos de 1º, 2º e 3º de primaria decoraron estas guitarras para a banda de Raimunda con moito arte, non si?
Unha pequena mostra da contada con Pablo. Que ben o pasamos!
Para rematar esta xornada de inauguración, quixemos agradecer a visita altruista de Pablo Nogueira cun agasallo: un retrato feito pola mestra Josefa Fernández, titora de 5ºA. Quedamos abraiados!
ATA PRONTO PABLO, NUBE BRANCA E RAIMUNDA!