AS IMAXES DO PATRIMONIO
Fotos para a 6ª edición de #ImaxesdoPatrimonio!
Traballando na RUXIRADIO arredor do patrimonio inmaterial, utilizando as fotografías como medio para coñecer e apreciar a nosa cultura .
1. Foto e podcast de MIHRET Salgado García de 6º B.
Liñase .Esta fotografía pertence á familia de Mirhet e que ela mesma nos explica con gran agarimo quen son e que relación teñen con ela mesma. Trátase de mulleres fortes, mulleres doutra época que coa súa vitalidade e saber facer deron a súa descendencia carácter e sabiduría para a vida.
2.- Foto e podcast de VERÓNICA, Mota Paz de 6º B.
Cerimonia.- A foto que nos achega Verónica é unha imaxe dunha celebración familiar, unha festa de casamento, na que a súa familia disfruta dunha xuntanza e posan coas súas mellores vestimentas e cunha sorrinte faciana e que amosa claramente a forma propia de vestir de cerimonia naquelas épocas . Escoitamos o que nos di Verónica.
3.- Foto e podcast de SARA Vazquez de 6º B.
A Emigración.- Foto que nos achega Sara e que nos amosa unha historia da emigración da súa familia, na que recordamos como moitos de nosos paisanos tiveron que emigrar en busca dunha vida mellor. Escoitamos a Sara como nos conta a historia da imaxe.
4.- Foto e podcast de DANIELA Feijoo de 6º B.
A Emigración.-A foto que nos amosa Daniela é unha historia da emigración galega, e que está baseada nas vivenzas da súa propia familia. Daniela fálanos da emigración a Alemaña dos seus avós paternos. Escoitámola.