PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2022-2023
A partir do 1 de marzo comeza o prazo para realizar a solicitude de praza para o vindeiro curso.
INSTRUCIÓNS
- PRAZO DE PRESENTACIÓN: 1 ao 21 de marzo de 2021, ambos incluídos.
- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- Solicitude segundo o Anexo II.
- Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a(fotocopia do dni do alumno/a ou fotocopia do libro de familia)
- Certificado oficial do expediente académico (alumnado de primaria).
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.
- LUGAR DE PRESENTACIÓN:
1.- A través da aplicación admisionalumnado
2.- Na secretaría do centro
A solicitude de admisión de alumnado poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillas/os comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. Nos demais casos requírese a sinatura das dúas persoas titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a unha delas con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero.
DATAS DO PROCESO DE ADMISIÓN
- Publicación das listaxes provisionais: ANTES DO 25 DE ABRIL
- Reclamación ás listas provisionais: 5 días hábiles a contar desde o día seguinte ao da publicación.
- Publicación das listaxes definitivas: ANTES DO 15 DE MAIO
- Formalización de matrícula: DO 20 AO 30 DE XUÑO
IMPORTANTE: A publicación das listaxes provisionais e definitivas realizarase exclusivamente nos taboleiros situados no interior do centro, conforme a Lei de Protección de datos, así como a través da aplicación web admisionalumnado os interesados
Adjunto | Tamaño |
---|---|
SOLICITUDE DE ADMISIÓN DE ALUMNADO.pdf | 1.33 MB |