Skip to Content

REMATAMOS "O ELEFANTE DUNHA SOA ORELLA"

O venres 18 de febreiro reunímonos de novo o Ruxi Club para dar por rematado o libro que estábamos a ler, "O elefante dunha soa orella" de Xosé Henrique Rivadulla Corcón.

Foi unha sesion moi emotiva xa que o libro así nolo pareceu, os rapaces e rapazas falaron do que a lectura deste libro lles fixo sentir. Tamén falamos da vida e da enfermidade e de cómo poder afrontar e aceptar as dificultades que imos atopando polo camiño. Sen dúbida un libro moi recomendable.

Tamén acordamos a lectura do próximo libro, será "Plan de Rescate" de Antía Yáñez.

 

                        



page | by Dr. Radut