Skip to Content

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Como cada ano, no cole celebramos o Día Internacional da Muller para dar visibilidade ao principio de igualdade e non discriminación que promove a nosa lexislación educativa.

Aquí vos deixamos unhas fotos:

Solicitude admisión curso 22/23

Proxecto eTwinning Infantil

Os nenos e nenas de Infantil do noso centro participaron o pasado mes de decembro nun intercambio de postais de nadal con Romanía e Francia. Para levar a cabo este intercambio, o noso alumnado elaborou postais de nadal cunha mensaxe en inglés e galego para desexar unhas boas festas aos nenos e nenas da École Sainte Anne, en Asserac, e da Scoala Gimnaziola, en Galati.
O principal obxectivo desta actividade é concienciar ao noso alumnado da necesidade real de aprender unha lingua estranxeira. Xunto coa lingua estranxeira, traballamos máis cousas como a tolerancia e respecto a outras culturas e a competencia linguística en ambas linguas.
Compartimos con vós un vídeo para que vexades que ben o pasamos facendo as postais e que especial foi recibir o noso paquete. Non só traía postais, tamén algún agasallo :)

Ligazón ao vídeo

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

As familias do alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 poden recoller as máscaras, na secretaría do centro, nos seguintes días e horarios:

Mércores 26 de xaneiro: 9:30-11:30h // 13:00-14:30h

Xoves 27 de xaneiro: 10:30-12:00h // 13:00-14:00h // 16:00-18:00h

Venres 28 de xaneiro: 9:30-10:30 // 11:30-12:20h

Distribuir contido


by Dr. Radut