Skip to Content

ELECCIÓNS DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

O Cantel en prol da saúde mental

Aberto o acto, pola rapazada máis maior do colexio, co recitado dun texto da psiquiatra Amparo Buján López deixamos voar a nosa imaxinación ondeando uns fermosos e decorados papaventos.

Porque non hai saúde sen saúde mental!

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022 (DOG 14/10/22).

As persoas que xa foron beneficiarias de axuda para adquiriren material escolar ao abeiro da Orde do 29 de abril de 2022, poderán recoller o vale para adquirir material escolar-ampliación por importe de 25 € adicionais, na secretaría do centro a partir do mércores 19 de outubro.

O vale para adquirir material escolar-ampliación (25 € adicionais), obxecto desta resolución de concesión directa, e o vale para adquirir material escolar (50 €) regulado na Orde do 29 de abril de 2022 son vales independentes e non fraccionables, polo que poderán empregarse os dous nun único establecemento ou cada un deles, polo importe íntegro, en dous establecementos distintos.

 

INFORMACIÓN XERAL INICIO CURSO 22/23

A información relativa ao inicio de curso podedes ollala no seguinte documento: Info web curso 22-23

Comunicar tamén que a Consellería publicou esta mañá (06/09/22) a Relación de unidades de educación infantil, educación primaria e educación especial habilitadas en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2022/2023 onde se fai efectiva a habilitación das novas unidades creadas para este curso, en 6º de Infantil e en 2º de Primaria.

 

VALES DAS AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 22/23

Xa están dispoñibles os vales das axudas para adquirir libros de texto para 1º e 2º de primaria e de material escolar para a etapa de primaria. As persoas solicitantes poden pasar polo centro a recoller os vales ata o 15 de xullo en horario de 10 a 13h e a partir do 1 de setembro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut