Skip to Content

Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras.

Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).

Alumnado destinatario: O alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial que, de acordo coa Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2021/22.

a) Non ten que presentar solicitude: O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

b) Ten que presentar solicitude: O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€ (exercicio fiscal 2019)
  • Alumnado matriculado en educación especial
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%

Solicitudes: Unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a.

Prazo: do 15 ao 26 de novembro de 2021


SAMAÍN NO CEIP O CANTEL 2021

PRAZO ADMISIÓN CANDIDATURAS MEMBROS CONSELLO ESCOLAR

O prazo de admisión será do 4 ao 12 de novembro.

Presentación candidatura

ELECCIÓNS DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

Protocolo de Adaptación ao Contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-2022

Distribuir contido


by Dr. Radut