Skip to Content

Xornadas formativas do Plan Director

Para este curso 22/23 a escola solicitou o Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos, dirixido á rapazada de 5º e 6º de primaria. Dentro da solicitude de intervención mostramos especial interese na formación en canto ás seguintes temáticas:

- Novas Tecnoloxías: riscos de Internet.
- Violencia de xénero: Igualdade.
- Acoso escolar e ciberacoso.

Hoxe comezamos coa primeira destas formacións: Novas Tecnoloxías: riscos de Internet, a cargo do experto Ramón Peña, axente das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

 

 

ELECCIÓNS DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

O Cantel en prol da saúde mental

Aberto o acto, pola rapazada máis maior do colexio, co recitado dun texto da psiquiatra Amparo Buján López deixamos voar a nosa imaxinación ondeando uns fermosos e decorados papaventos.

Porque non hai saúde sen saúde mental!

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022 (DOG 14/10/22).

As persoas que xa foron beneficiarias de axuda para adquiriren material escolar ao abeiro da Orde do 29 de abril de 2022, poderán recoller o vale para adquirir material escolar-ampliación por importe de 25 € adicionais, na secretaría do centro a partir do mércores 19 de outubro.

O vale para adquirir material escolar-ampliación (25 € adicionais), obxecto desta resolución de concesión directa, e o vale para adquirir material escolar (50 €) regulado na Orde do 29 de abril de 2022 son vales independentes e non fraccionables, polo que poderán empregarse os dous nun único establecemento ou cada un deles, polo importe íntegro, en dous establecementos distintos.

 

INFORMACIÓN XERAL INICIO CURSO 22/23

A información relativa ao inicio de curso podedes ollala no seguinte documento: Info web curso 22-23

Comunicar tamén que a Consellería publicou esta mañá (06/09/22) a Relación de unidades de educación infantil, educación primaria e educación especial habilitadas en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2022/2023 onde se fai efectiva a habilitación das novas unidades creadas para este curso, en 6º de Infantil e en 2º de Primaria.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut