Skip to Content

AULA VIRTUAL

PASOS PARA PODER ENTRAR NA AULA VIRTUAL

E CAMBIO DE CONTRASINAL

AVISO VOTACIÓNS CONSELLO ESCOLAR

Dado a publicación no portal da páxina web da Conselleria de Educación Universidade e Formación Profesional, comunicamos que se aprazan as votacións para elexir os representantes do Consello Escolar, co fin de garantir a seguridade dos participantes no proceso e evitando posibles aglomeracións de persoas.

As datas serán as que determine a Xefatura Territorial.

Podedes acceder á resolución no seguinte enlace

* Mantense o prazo de presentación de candidaturas

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

Informamos que desde mañá día 23 de Outubro ata o día 1 de Novembro, ambos inclusive, abre o prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores para a constitución do Consello Escolar do CEIP Novo Mesoiro.

Como dixemos anteriormente, adxuntamos o modelo de candidatura por si o queredes traer cuberto. Non obstante, na secretaría tamén se facilitará o modelo.

A entrega debe ser atendendo ao horario de Secretaría do centro.

GRAZAS.

VÍDEOS-CONTOS DE SAMAÍN

 

As Bruxas Roaldh Dahl

 

                 

 

Guapa

 

 

 

                                        Carabuñas

 

            

 

                                    O noso Samaín

 

                     

                           

                               Corre corre cabaciña

 

            

 

                                             A bruxa regañadentes

 

              

 

Convocatoria do sector de nais/pais/titores legais

Informamos que no día de hoxe  envíase a circular (a través do alumnado) coa convocatoria para as eleccións dos representantes das nais/pais/titores legais ao consello escolar. Tamén adxuntamos a ciruclar ao final desta publicación.

 

Así mesmo, notificarlles que o prazo de presentación de candidaturas para os distintos sectores será do 23/10 ao 1/11 ambos inclusive. Estas candidaturas presentaranse no centro en horario de secretaría. Adxuntamos tamén o modelo nesta publicación (por si o queredes traer cuberto), pero tamén se facilitará unha copia no centro.

 

Por outra banda, os interesados en  votar, é moi importante consultedes o censo publicado no taboleiro de anuncios do centro. No caso de haber algún erro debedes notificalo para a súa corrección, por teléfono ou correo electrónico. Tedes de plazo para estas correccións ata o día 1 de novembro.

 

Calquer dúbida ao respecto deste proceso, poñédevos en contacto co centro.

CONSELLO ESCOLAR

No día de hoxe constituise a Xunta Electoral. En dita reunión decidiuse o calendario de actuacións e publicaronse nos taboleiros de anuncios do centro os distintos censos electorais, así como as convocatorias dos distintos sectores educativos.

Tamén  se lles enviou un escrito á ANPA e ao concello solicitando a designación dos seus representantes.

Mañá se lles enviará unha circular ás familias do alumnado coa convocatoria do seu sector.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut