Skip to Content

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Queridas familias:

Publicada a ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria para o curso escolar 2021/22.

Poderase solicitar:

- Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º,4º, 5º e 6º de E.P.

- Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado de 1º e 2º de E.Primaria.

- Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en E.Primaria.

 

Por suposto, para a concesión destas axudas terase en conta a renta per cápita da unidade familiar, situacións de garda ou tutela...(Ver bases da convocatoria).

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día 21 de MAIO e rematará o día 22 de XUÑO de 2021 (este incluído).

Presentaranse, preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ANEXO I) dispoñible na aplicación informática "fondolibros" a través da sede electrónica da Xunta de Galicia; ou ben  na secretaría do centro (de forma presencial) en horario de LUNS (09:00-09-50) e XOVES (13:10-14:00).

(Deberase traer copia da primeira folla para compulsar)

Deixamos en adxunto os documentos.

 

* Documentación Complementaria:

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

- ANEXO II.

- Copia do libro de familia.

- En caso de separación/divorcio, a sentencia xudicial ou convenio regulador.

- Certificado de discapacidade.

- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero.

- Resolución xudicial por incapacitación con patria potestade.

- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores.

- Certificado de convivencia, no caso de carecer de DNI.

 

(NO CENTRO NON SE REALIZARÁN FOTOCOPIAS DE DOCUMENTOS PERSOAIS)

 

Calquer información ou dúbida que vos xurda atenderémosvos telefónicamente ou polo correo electrónico do centro.

Un cordial saúdo.

O equipo directivo.

 

 

 

Rutas do Camiño Escolar

Estimadas familias:

Como sabedes estamos colaborando coa asociación STOP ACCIDENTES e nos piden que revisedes o primeiro borrador das rutas de camiño escolar para o noso centro educativo e barrio.

Está elaborado coas vosas respostas na enquisa enviada no pasado trimestre, así que si houbese algún erro ou proposta de mellora, agradeceríamos nos enviásedes un correo electrónico ao centro.

 

Grazas pola vosa colaboración.

Deixamos o documento tamén en adxunto.

NORMAS DE ORGANIZACIÓN, FUNCIONAMENTO E CONVIVENCIA

Publicamos un dos documentos máis importantes do centro.

Como o seu nome indica regulará as normas de organización, funcionamento e convivencia do CEIP Novo Mesoiro. (NOFC)

Foi aprobado o 19 de Abril na sesión ordinaria do Consello Escolar.

É un documento público, polo tanto, poderedes acceder á súa lectura  no apartado "Documentos".

 

 

Un cordial saúdo.

O equipo directivo

VISITA VIRTUAL CEIP NOVO MESOIRO

Deixámosvos imaxes virtuais do noso centro educativo.

Grazas á colaboración do Concello de A Coruña.

PLAN DIRECTOR

Levamos a cabo nas aulas de 5º e 6º de E.P. unhas charlas, en colaboración coa Policía Nacional de A Coruña, sobre a importancia de gardar a privacidade nas redes sociais, sobre a violencia á que teñen acceso a través dos videoxogos e sobre o acoso escolar.

 

Colaboración Domus Coruña

O alumnado de 5ºB formou parte da actividade Xperimenta coas flores, en colaboración cos museos científicos  de A Coruña.

Puideron realizar unha diseción de flores real, guiados virtualmente polo equipo da DOMUS.

Unha actividade onde puideron observar e tocar coas súas mans os estames, o pistilo e o pole, ao mesmo tempo que diferenciaban a polinización da fecundación.

Convocatoria Bolsas Comedor Municipais curso 2021-2022

O prazo para a presentación de solicitudes será do 5 ao 30 de abril, ambos incluídos.

 

Os impresos facilitaranse nas oficinas dos rexistros municipais e estarán tamén dispoñibles na sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es).

 

A solicitude específica e os anexos, debidamente cubertos e asinados, e o resto de documentación exixida na convocatoria poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

Todos os listados (requirimentos de corrección, listas provisionais e definitivas…) identificarán a solicitude do menor atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial.

 

 

NOTA: Este ano, entre outros requisitos para acceder á bolsa, o/a alumno/a solicitante deberá ter un DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido. Naqueles casos que por imposibilidade legal non dispoñan de ningún dos documentos anteriores, poderán presentar unha instancia no rexistro solicitando a cobertura do gasto de comedor con outro recurso, que será valorado polos equipos técnicos especializados

 

 

Día da Muller 8M

O papel que tiveron as mulleres galegas na emigración, tanto aquelas que emigraron por motivos económicos e de falta de traballo como as que se quedaron en Galicia ao coidado da casa e dos fillos, as chamadas “viúvas de vivos”, é un simple exemplo do papel importante que tiveron. A muller de hoxe ten como obxectivo ser igual ao home, nin máis nin menos.

Propostas de mellora

O alumnado de 4º de E.P. enviou hai un tempo cartas á nosa alcaldesa co único obxectivo de propoñer ideas de mellora para o barrio e tamén para o centro educativo: un carril bici, máis parques, máis zonas verdes para o cole e, sobre todo, insistiron na mellora da comunicación do barrio co resto da cidade.

Polo que na súa visita de onte quixo recibir a representantes do centro educativo e que estas ideas se lle trasmitisen personalmente.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut