Tendo en conta a ORDE do 28 de OUTUBRO de 2021
O alumnado BENEFICIARIO DE MÁSCARAS É
- O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022. (NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE).
*INDICAREMOS PROXIMAMENTE CANDO SE ENTREGARÁN AS MÁSCARAS, XA QUE ESTE ALUMNADO NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE
** A persoa que ten que recoller a máscara é a mesma que tramitou o vale de materiais (Poderá firmar unha autorización para que outra persoa as recolla).
- O alumnado que NON foi beneficiario de material escolar ( TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE) e cumprir os seguintes requisitos:
- Familia con renta per cápita igual ou inferior a 6000€.
- Alumnado matriculado en educación especial.
- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior o 65%.
AS SOLICITUDES REALIZARÁNSE DE FORMA PRESENCIAL NO CENTRO EDUCATIVO.
A DOCUMENTACIÓN QUE TEN QUE PRESENTAR É:
- ANEXO 1
DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:
- ANEXO 2
- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
- Certificado ou volante de convivencia
- Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
NORMAS PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES É DENDE O 15 DE NOVEMBRO AO 26 AMBOS INCLUSIVE
O HORARIO PARA PRESENTAR SOLICITUDES É DE:
09:00 a 09:50 horas LUNS e VERNES
13:10 a 14:00 horas MARTES E XOVES
11:25 a 12:15 MÉRCORES
Uso de máscara.
Evitar aglomeracións
Unha única persoa por solicitude.