Skip to Content

AXUDAS COMPLEMENTARIAS MATERIAL ESCOLAR

Atendendo á resolución do 5 de outubro de 2022 informamos da concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.

 

1. Os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€.

2. As familias poden recoller os vales a partir do próximo luns 17 de outubro, en horario de secretaría:

LUNS: 09:00 A 09:50

XOVES: 13:10 A 14:00.

VENRES: 09:00 A 09:50.

3. O vale debe empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022.

4. No suposto de extravío pola familia ou pola libraría, o centro educativo nunca  expedirá un duplicado.

5. A persoa que recolla o vale ten que corresponder coa solicitante da axuda. Poderase autorizar a unha persoa adulta a recoller o vale, sempre coa firma de autorización correspondente e a fotocopia do DNI.

Un cordial saúdo.

O equipo directivo.

RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR

Estimadas familias:

Informámosvos que atendendo á resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa,  os centros que comezaron o seu funcionamento no curso 2020/21 e no curso 2021/22 levarán a cabo a primeira renovación do consello escolar prevista na lexislación vixente, de acordo co calendario xeral.

Polo tanto renovaranse os seguintes postos:

- 3 representantes das familias

- 2 representantes do profesorado.

 

Irémosvos informando do proceso a través da web e ABALAR MÓBIL.

Un cordial saúdo.

O equipo directivo.

Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

Como indican as instrucións de inicio de curso, lembrámoslles as NOFC que rixen o noso centro educativo, o seu cumplimento será imprescindible para unha boa convivencia entre a comunidade educativa.

 

Bolsas Comedor Municipais curso 2022-2023

Onte 11 de xullo de 2022 publicouse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, a listaxe provisional de concesión e denegación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2022-2023. Pódense consultar en:

 Taboleiro de edictos

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/infopublica;jsessionid=DB03E1E0FAFFEE3F7C24BB2F1A516520?method=view&id=16078

Páxina web de servizos sociais

https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/detalle-contenido/concesion-de-becas-comedor-curso-22-23-propuesta-provisional/suceso/1453806145491

 Taboleiros dos centros cívicos municipais

 Os listados identificarán as solicitudes atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial e ao número de expediente asignado.

 O prazo para a presentación das alegacións é de 10 días hábiles, do 12 ao 26 de xullo de 2022, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora e Franxa), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

LISTAXES PROVISIONAIS FONDO LIBROS 22/23

Estimadas familias:

Están publicadas as listaxes provisionais do fondo de libros para o próximo curso. Poden consultar estas listaxes no taboleiro de anuncios do centro (ao carón de conserxería) ou ben, de forma electrónica, na aplicación fondo libros.

 *Pola Lei de Protección de Datos, non podemos dar ningunha información por teléfono das listaxes.

Prazo de reclamacións ás listaxes provisionais: 7- 8 de xullo

Publicación das listaxes definitivas: 11 de xullo

Entrega de vales: 11 -12- 13 de xullo.

 

O horario de consulta e recollida de vales durante estes días no centro será de 10:00 a 12:30

 

*Os vales que non se recollan nestas datas poderán recollerse a partir do día 1 de setembro.

*Lembramos que só serán entregados os vales á persoa solicitante da axuda.

Se algunha persoa non pode recoller os cheques no plazo establecido e non quere esperar a setembro pode enviar a unha persoa adulta autorizada, entregando en secretaría a autorización firmada e fotocopia do DNI da persoa solicitante.

*Os libros serán entregados polos titores/as ao comezo das clases.

Un cordial saúdo.

O equipo directivo.

 

PLAN DIXITAL DE CENTRO

Estimadas familias:

Atendendo á resolución do 3 de setembro de 2021 engadimos á nosa documentación de centro o PLAN DIXITAL, que foi aprobado en consello escolar na sesión ordinaria do 30 de xuño de 2022.

 

 

GRADUACIÓN ALUMNADO 6º DE E.P.

Hoxe os protagonistas do centro son os alumnos e alumnas do último curso de Educación Primaria.

Tod@s os que formamos parte do centro desexámosvos moitísima sorte na vosa nova etapa educativa e, aínda que só convivíramos 2 anos xuntos, botarémosvos moitísimo de menos!!

Fai clic na imaxe para ver o vídeo  da festa celebrada o día 22 de xuño todos xunt@s!

 

 

Excursión fin de curso 5º Primaria

O alumnado de 5º de Primaria visitou o pasado xoves 16 o Museo do Ferrocarril de Monforte e tamén o Pazo de Tor. Por este motivo, dedicáronlle unha pequena noticia no xornal “El Correo Gallego”.

Semella que o pasaron xenial!

RECLAMACIÓN DE NOTAS

Informámosvos que segundo a Orde do 2 de Marzo de 2021, no caso de que persista o desacordo coa calificación final obtida ou coa decisión da promoción dun alumno/a, as familias poderedes solicitar por escrito a revisión de dita calificación/decisión, no prazo de dous días lectivos, a partir do día seguinte á comunicación; é dicir o 23 e 27 de xuño.

Será necesario pedir cita co titor/a.

Un cordial saúdo.

O equipo directivo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut