Estimadas familias:
Informámosvos que atendendo á resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, os centros que comezaron o seu funcionamento no curso 2020/21 e no curso 2021/22 levarán a cabo a primeira renovación do consello escolar prevista na lexislación vixente, de acordo co calendario xeral.
Polo tanto renovaranse os seguintes postos:
- 3 representantes das familias
- 2 representantes do profesorado.
Irémosvos informando do proceso a través da web e ABALAR MÓBIL.
Un cordial saúdo.
O equipo directivo.