Skip to Content

Transporte Escolar

Tal e como vos informaron desde a ANPA, podedes presentar as solicitudes na secretaría do centro cubertas e se enviarán ao Servizo de Recursos Educativos Complementarios. Deixamos os documentos en anexo.

PUBLICADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS FONDO LIBROS

Informámosvos de que se acaban de publicar a listaxe definitiva de Fondo-libros para os cursos de 3ºEP a 6ºEP. Poden consultar a información no taboleiro de anuncios que se atopa na entrada do centro. (Por cuestións relativas ao Protocolo de Protección de Datos, non se fará unha publicación a través da páxina web)

 

O  número de libros que lle corresponden a cada alumno/a serán comprados polo centro educativo.

O resto son adquiridos polas familias.

 

Un cordial saúdo

 

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

 

Para ser recibidos pola  Xefatura e Dirección é preciso solicitar cita previa  no correo electrónico  (os días dispoñibles no horario) e esperar a confirmación.

 

Os escritos, matrículas, solicitudes de becas, axudas... non se atenden por medio do correo electrónico do centro, presentaranse na secretaría no horario correspondente.

A atención en secretaría é sen cita previa nos horarios marcados no cadro adxunto.

 

 DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Teléfono 881-961-239

 

Protocolo de adaptación ao contexto COVID CEIP Novo Mesoiro

Publicamos os seguintes documentos adxuntos para así  dar a coñecer á comunidade educativa a nosa adaptación do protocolo ao contexto COVID.

Son documentos flexibles, abertos a posibles modificacións e cambios.

Dadas as nosas circunstancias, moitos datos aínda están pendentes de coñecer.

 

Grazas pola comprensión, espera e paciencia!

INAUGURAMOS COLEXIO

 

COÑECEMOS AO NOSO COLEXIO 

 

ENTRADAS AO COLEXIO

INFANTIL


 

1º DE PRIMARIA


 

2º DE PRIMARIA


 

3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA


ENTRADAS E SAÍDAS ALUMNADO E PERÍODO DE ADAPTACIÓN

Estimadas familias, a continuación publicamos as zonas de entrada e saída do alumnado de Educación Primaria, xunto co horario, ademáis do documento do Período de Adaptación de Educación Infantil.

 

LEMBRADE!

O alumnado de Quinto de Educación Infantil, Primeiro, Segundo e Terceiro de primaria comezan as clases o día 10 de Setembro no horario de entrada e saída presentados. 

O alumnado de cuarto de Educación Infantil comeza o día 10 en Periodo de Adaptación

Os grupos de Sexto de Educación Infantil, Cuarto, Quinto e Sexto de primaria comezan as clases o día 11 de Setembro, xunto ao resto do alumnado.

 

 

 

 

OS HORARIOS DO PERIODO DE ADAPTACIÓN SON OS SEGUINTES:

 

LISTAXE PROVISIONAL FONDO-LIBROS

Estimadas familias,

Informámosvos de que se acaba de publicar a listaxe provisional de Fondo-libros para os cursos de 3ºEP a 6ºEP. Poden consultar a información no taboleiro de anuncios que se atopa na entrada do centro. (Por cuestións relativas ao Protocolo de Protección de Datos, non se fará unha publicación a través da páxina web).

Comunicarvos que existe un período de 2 días para facer calquera reclamación ao respecto.

Moitas grazas.

Listas de libros curso 2020/2021

Despois das diferentes reunións do profesorado, deixamos en documentos adxuntos o listado cos libros de texto para E.Infantil e E.Primaria (Actualizado).

 

 *O listado de material para cada aula darásevos nas diferentes reunións.

 

- Os vales de material e libros de 1º e 2º repartiranse estes días despois das reunións na secretaría. Alí podedes preguntar si tedes os vales ou non.

 

- Para 3º, 4º, 5º e 6º: podedes tamén despois das reunións recoller os vales de material en secretaría. Os vales de  libros estamos pendentes dunha resolución. Avisarémosvos estes días.

 

Saúdos e grazas pola espera!

 

BECAS COMEDOR

 Información importante para as familias  que solicitaron a beca de comedor

Segundo a información facilitada, nos próximos días sairán as listas coas adxudicacións.

 

 

OLLO: En estas primeiras listas, todos os solicitantes do CEIP Novo Mesoiro sairán como excluídos.

 

 

O motivo é que, no momento da adxudicación inicial, o comedor aínda está pendente de trámites administrativos coa Xunta. Comunicáronnos que una vez se xestione,  poderemos avisarvos da apertura dun novo prazo extraordinario para as familias deste centro que opten a esta beca. Sempre que se cumpran os requisitos, a beca será otorgada da mesma forma que a alumnos/as doutros centros da cidade.

Isto débese á excepcionalidade de ser o primeiro ano do centro.

Tanto a dirección do centro como a Anpa traballan conxuntamente para  axilizar todos estes trámites. 

Isto non afecta ao funcionamiento do comedor. 

Calquera información será publicada nesta páxina web. 

Para calquer consulta:  anpaceipnovomesiro@gmail.com

Distribuir contido


by Dr. Radut