Skip to Content

Convocatoria do sector de nais/pais/titores legais

Informamos que no día de hoxe  envíase a circular (a través do alumnado) coa convocatoria para as eleccións dos representantes das nais/pais/titores legais ao consello escolar. Tamén adxuntamos a ciruclar ao final desta publicación.

 

Así mesmo, notificarlles que o prazo de presentación de candidaturas para os distintos sectores será do 23/10 ao 1/11 ambos inclusive. Estas candidaturas presentaranse no centro en horario de secretaría. Adxuntamos tamén o modelo nesta publicación (por si o queredes traer cuberto), pero tamén se facilitará unha copia no centro.

 

Por outra banda, os interesados en  votar, é moi importante consultedes o censo publicado no taboleiro de anuncios do centro. No caso de haber algún erro debedes notificalo para a súa corrección, por teléfono ou correo electrónico. Tedes de plazo para estas correccións ata o día 1 de novembro.

 

Calquer dúbida ao respecto deste proceso, poñédevos en contacto co centro.

CONSELLO ESCOLAR

No día de hoxe constituise a Xunta Electoral. En dita reunión decidiuse o calendario de actuacións e publicaronse nos taboleiros de anuncios do centro os distintos censos electorais, así como as convocatorias dos distintos sectores educativos.

Tamén  se lles enviou un escrito á ANPA e ao concello solicitando a designación dos seus representantes.

Mañá se lles enviará unha circular ás familias do alumnado coa convocatoria do seu sector.

 

"Educación Inclusiva, querela es crearla"

A pesar de que prácticamente todos e todas desexamos e defendemos a educación inclusiva, a realidade é que aínda hai moito por facer. Isto significa que cada persoa debe asumir a súa parte de responsabilidade en construir esa realidade desexada.
 
“Educación Inclusiva. Quererla es crearla” é unha campaña, que desde o centro compartimos e tamén por petición de moitas familias do centro publicamos para facervola chegar, pois pretende crear unha cultura favorable de cara a escola inclusiva e impulsar o cambio na sociedade e nas escolas. 
 
É dicir, queremos que sexa realidade, sabemos que pode selo e defendemos que se respecten os dereitos de toda a infancia.
 

Consello escolar

Informámosvos que no día de hoxe publicamos no taboleiro de anuncios do centro a data e hora no que se procederá ao sorteo público* para a designación dos membros da Xunta Electoral (artigo 30 do Decreto 92/1988 segundo a redacción dada polo Decreto 324/1994; DOG do 9 de Agosto).

DATA do sorteo: 15 de Outubro de 2020.

HORA: 12:00

* Dadas as últimas instrucións limitarase a presenza do persoal.

 

Mañán enviaremos as citacións para a constitución da Xunta Electoral segundo os resultados obtidos no sorteo. Seguiremos informando.

Un cordial saúdo.

TELÉFONO DE CONTACTO

Comunicámosvos xa dispoñemos de teléfono de contacto no CEIP Novo Mesoiro. É o seguinte:

881-961-235

 

 

ABALAR MÓBIL

Comunicamos que xa están actualizados os datos telefónicos de todas as familias do CEIP Novo Mesoiro.

Polo tanto, os que xa coñecedes a aplicación e o seu funcionamento, pedímosvos  que comprobedes que o acceso é  correcto e sen erros.

As familias de 4º de Educación Infantil, na maioría dos casos, é a primeira vez que oídes falar desta aplicación. Por esta razón, deixámosvos este enlace á páxina web corporativa de ABALAR MÓBIL, máis un documento anexo para consultar como descargar a aplicación, como iniciar sesión, como é o seu funcionamento... Tamén un enlace ás preguntas máis frecuentes. 

 

En xeral, a familia que teña  calquer erro ou pregunta sobre ABALAR MÓBIL, non dubidedes en escribirnos un correo electrónico ao centro.

Esta semana, o equipo directivo máis os titores e titoras, enviarán algunha mensaxe de proba ao  grupo  de familias para comprobar que todo funciona correctamente.

 

Un cordial saúdo.

Actividades extraescolares

 

Desde hoxe día 1 de Outubro ofértanse no centro as seguintes actividades extraescolares:

-Multiactividade: luns a venres de 16:00 a 18:00.

-Judo: martes e xoves de 16:00 a 17:00.

 

Calquera información ou consulta en relación a este tema, póñanse en contacto coa ANPA no seu correo electrónico: anpaceipnovomesoiro@gmail.com

 

Aproveitamos para darvos as grazas pola vosa axuda e colaboración.

Un cordial saúdo.

Festivos

Informamos e confirmamos que o 7 e o 12 de Outubro non haberá colexio por ser festivo local e nacional respectivamente.

 

Saúdos

ENTRADAS E SAÍDAS CON CHOIVA

Queridas familias:

Os días de choiva (de xeito excepcional) permitirase a entrada dun dos proxenitores. Soamente un acompañante por neno/a.

No caso do alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de primaria:

-        - 

PARA ENTRAR: Accederá unha persoa pola rampa, deixará ao neno no hall e subirá polas escaleiras. Seguindo as frechas marcadas no chan. O neno e nena (limparán os pés na alfombra e as mans co xel) e dirixiranse para a súa aula. Precisamos que no momento que deixen o neno/a o acompañante marche, para así non aglomerar xente nas entradas. Haberá profesorado de garda na porta pequena de entrada e outra no hall.

-      -   

PARA SAÍR: Accederá unha persoa polas escaleiras (sempre con mascarilla), collerá ao seu neno/a no momento que llo indique o profesorado e subirá pola rampa seguindo as frechas sinaladas. Mentres esperan deben manter a distancia de seguridade co resto das familias.

 

Para o alumnado de 3º,4º,5º, e 6º de Educación Primaria:

PARA ENTRAR: Accederá un único acompañante e seguirá as frechas marcadas. Deixará ao neno/a na porta do ximnasio e este irá a súa aula. De seguido continuará o camiño de volta seguindo as frechas de saída. Haberá profesorado de garda na porta de entrada ao ximnasio.

 

-       -  

PARA SAÍR: Accederá unha persoa e seguirá as frechas marcadas de entrada. Acudirá a porta do ximnasio, recollerá ao neno/a e seguirá o camiño de novo ata a porta. Sempre con mascarilla e respectando as distancias de seguridade.

-   

LEMBRADE!!!

-       

É fundamental e obrigatorio o USO DE MASCARILLA.

-       

HABERÁ un mestre de GARDA para indicar os accesos.

-       

PEDIMOS responsabilidade de respectar as distancias e non xuntarnos nas entradas e saídas.

-       

NON SE PODERÁN FACER CONSULTAS AOS TITORES NESE MOMENTO, SOAMENTE É MOMENTO DE RECOLLER E DEIXAR AOS ALUMNOS.

-       

OS TURNOS DE ENTRADA E SAÍDA SON OS ESTABALECIDOS. PRIMEIRO PARA O GRUPO A E SUCESIVAMENTE O B.

 

ESTA PROPOSTA FOI CONSENSUADA NO ClAUSTRO DE PROFESORES E COA ANPA.

 

Un cordial saúdo

Distribuir contido


by Dr. Radut