Skip to Content

VACACIÓNS DE ENTROIDO

Estimadas familias:

Informámoslles que, segundo a Orde de calendario do 25 de xuño de 2020, os próximos días 15, 16 e 17 de Febreiro non haberá clase.

Un cordial saúdo.

EDUCACIÓN VIAL

O alumnado de Educación Infantil do CEIP Novo Mesoiro participou dentro do Programa de Educación vial do concello de A Coruña, en colaboración coa Policía Local; nunha actividade que busca mellorar a seguridade viaria dos escolares a través dunha formación axeitada.

Premede na imaxe e no minuto 29:57 poderedes ver aos nenos de 6º de Infantil A.

 

Saúdos

 

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

Estas semanas os nenos e nenas de cada aula, estuveron realizando un pequeno traballo de investigación sobre personaxes que loitaron a favor da PAZ e dos DEREITOS CIVÍS.

 

Invitámosvos a ver este interesante vídeo no novo blogue da biblioteca do centro: Bibliomesoiriño;así como as recomendacións lectoras que nos propón o equipo de biblioteca.

BO NADAL!

O PROFESORADO DO C.E.I.P. NOVO MESOIRO DESÉXAVOS FELICES FESTAS E UN ANINOVO CHEO DE SAÚDE E BENESTAR.
VÓS SODES O NOSO MELLOR AGASALLO!

OS REIS MAGOS VISITAN O NOSO COLE

                  Hoxe no CEIP Novo Mesoiro, recibimos unha visita moi especial:

Viñeron os Reis Magos de Oriente

 

No seguinte vídeo podedes ver como os recibimos. Tamén tivemos a sorte de que nos deixaran regaliños!

 

                           

 

Agradecer a A.N.P.A a súa axuda e colaboración e aos Reis Magos por vir a visitarnos!

Distribuir contido


by Dr. Radut