Skip to Content

REUNIÓNS INICIAIS

Condicións de acceso ao centro educativo (PROTOCOLO COVID):

 -Realizaranse nas zonas exteriores do centro.

- Obrigatorio uso de máscara.

-Distancia de seguridade mínima de 1,5 metros entre os  asistentes.

-Un membro por unidade familiar.

 *Se non puidese asistir, notificarase a información e resolución de dúbidas por correo electrónico.

 *Os titores/as chamarán por teléfono/correo/nota informativa para confirmar estas reunións.

 

*Poden consultar nos documentos adxuntos todas as reunións establecidas.

* Adxuntamos listado de materiais para 1º, 2º, 3º e 4º de E.P.

LISTADO LIBROS DE TEXTO CURSO 2021/2022

Deixamos en adxunto o listado dos libros de texto para o próximo curso escolar.

Os listados de materiais serán entregados polos profesorado nas reunións de Setembro.

 

Saúdos.

O equipo directivo.

DESPEDIDA

GRAZAS!

 

Rematamos un dos cursos máis atípicos da nosa historia como docentes e, por si fora pouco, nun colexio de nova creación.

Por suposto, grazas  aos nenos e nenas que forman o CEIP Novo Mesoiro, pola súa alegría,  pola súa entereza, pola súa adaptación a esta situación tan complicada. Aprendemos de vós cada día que pasa.

Agradecementos ás familias, pola súa paciencia, comprensión e apoio.

Agradecer o traballo realizado e o esforzo de tod@s e cada un dos mestres/as, dos auxiliares técnicos educativos, á nosa conserxe, ao persoal de limpeza, ás monitoras de comedor e actividades extraescolares e, tamén, agradecer o grandísimo traballo e apoio da nosa ANPA Monte do Muíño.

Boas vacacións!

PARABÉNS ALUMNADO 6º DE E.P.

Queremos desexar moita sorte nesta nova etapa aos catro alumnos de 6º de E.P.

Botarémosvos moito de menos!

 

 

RECLAMACIÓN DE NOTAS

Informámosvos que segundo a Orde do 2 de Marzo de 2021, no caso de que persista o desacordo coa calificación final obtida ou coa decisión da promoción dun alumno/a, as familias poderedes solicitar por escrito a revisión de dita calificación/decisión, no prazo de dous días lectivos, a partir do día seguinte á comunicación; é dicir o 23 e 25 de xuño.

Será necesario pedir cita coa xefatura de estudos no correo: ceip.novomesoiro@edu.xunta.gal

O equipo directivo.

 

Cantamos coas mans

Este é o vídeo presentado para o concurso da Federación da Asociación de Persoas Xordas de Galicia pola aula de 4º de E.I.-B.

Unha creación para visibilizar no noso alumnado a existencia doutras formas de comunicación, da importancia das distintas linguaxes, entre elas, a lingua de signos.

Aínda que non gañamos o premio...a felicidade da clase de infantil ao verse no vídeo  coas súas familias polas mañás, xa valeu a pena.

 

EDUCACIÓN VIAL

O alumnado de Educación Infantil participou no concurso de seguridade vial organizado pola Policía Local de A Coruña. Este foi o noso vídeo de presentación.

Con estes nen@s e con todo o que saben estamos máis seguros!

GRAZAS POLICÍA LOCAL!

 

 

Uxía Lambona e a Banda Molona

O noso centro tivo o pracer de desfrutar dun gran concerto do grupo Uxía Lambona e a Banda Molona.

Durante todo o día bailamos, saltamos e, sobre todo, esquecimos por un momento, todo o difícil que resultou este ano para tod@s.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut