Skip to Content

FONDO SOLIDARIO

Queridas familias:

Publicada a ORDE do 29 de abril de 2022  pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (código de procedemento ED330B).

Poderase solicitar:

- Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º,4º, 5º e 6º de E.P.

- Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado de 1º e 2º de E.Primaria.

- Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en E.Primaria.

 

Por suposto, para a concesión destas axudas terase en conta a renta per cápita da unidade familiar, situacións de garda ou tutela...(Ver bases da convocatoria).

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día 19 de MAIO e rematará o día 22 de XUÑO de 2022 (este incluído).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal; ou ben  na secretaría do centro (de forma presencial) en horario de LUNS (09:15 - 09:50) e XOVES (13:10 - 14:00).

*(Deberase traer copia da primeira folla para compulsar)

*Deixamos en adxunto os ANEXOS para descargar e na conserxería tamén  teñen dispoñibles as copias impresas.

 

* Documentación Complementaria:

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

- ANEXO II.

- Copia do libro de familia.

- En caso de separación/divorcio, a sentencia xudicial ou convenio regulador.

- Certificado de discapacidade.

- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero.

- Resolución xudicial por incapacitación con patria potestade.

- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores.

- Certificado de convivencia, no caso de carecer de DNI.

 

(NO CENTRO NON SE REALIZARÁN FOTOCOPIAS DE DOCUMENTOS PERSOAIS)

 

Calquer información ou dúbida  atenderémosvos telefónicamente ou polo correo electrónico do centro.

Un cordial saúdo.

O equipo directivo.

CINEMA NA ESCOLA

Marabillosa foi a gala que se levou a cabo no ÁGORA o pasado 12 de Maio con todos os centros educativos participantes na iniciativa CINEMA NA ESCOLA.

PARABÉNS ao noso centro polas súas nominacións a:

- Mellores efectos visuais.

- Mellor película.

- Mellor fotografía.

e GAÑADORES do premio ao mellor guión!

 

  QUEREDES VER OS MARABILLOSOS TRABALLOS REALIZADOS?

                        

LETRAS GALEGAS 2022

Levamos a cabo unha conmemoración especial para esta efeméride tan importante na nosa Comunidade Autónoma!

Con esta actividade achegamos ao alumnado aos diferentes instrumentos musicais tradicionais da nosa cultura, en colaboración coa escola de Música Maestro.

O alumnado participou con diferentes instrumentos de refugallo realizados coa especialista de educación musical do noso centro.

 

 

LISTAS DEFINITIVAS ADMISIÓN 2022/2023

Publicadas as listas DEFINITIVAS de admitidos e non admitidos no CEIP Novo Mesoiro.

Para consultar a listaxe poden facelo: telemáticamente, a través da aplicación admisiónalumnado, ou ben, de forma presencial, na zona de conserxería do centro.

 Un cordial saúdo.

O equipo directivo.

 

ANCAS

Estimadas familias:

Retomamos o último paso dentro do Proxecto ANCAS.

https://stopaccidentes.org/conocenos/ayuda-orientacion-victimas-afectados-accidentes-trafico/caminos-escolares-ancas/gmx-niv222.htm

Aquí podedes descargar as rutas finais de camiño escolar seguro.

E na parte final, hai un formulario online para as familias que queiran participar nesta iniciativa. No mes de Xuño 2022 faremos unha proba (ANCAS, ANPA e colexio) para poder empezar no curso 2022/2023 con este funcionamento.

Un cordial saúdo.

O equipo directivo.

LISTAS PROVISIONAIS ADMISIÓN 2022/2023

Publicadas as listas provisionais de admitidos e non admitidos no CEIP Novo Mesoiro.

Para consultar a listaxe poden facelo: telemáticamente, a través da aplicación admisiónalumnado, ou ben, de forma presencial, na zona de conserxería do centro.

 

Un cordial saúdo!

O equipo directivo.

As nosas mascotas

Dentro do Plan Proxecta "Protexe os animais", o alumnado de Educación Infantil e Primeiro ciclo de E.P. presentaron as súas mascotas, falaron dos seus coidados e necesidades, das súas experiencias... deixámosvos os traballos realizados.

GRAZAS POLA COLABORACIÓN FAMILIAS!!

Recomendación uso da máscara

 Remitimos as instrucións recibidas por parte de Consellería de Educación con respecto ao uso da máscara:

 

 

ADMISIÓN 22/23

Estimadas familias:

Informarvos que todas as solicitudes presentadas (de todos os cursos)  resultaron admitidas ao non haber máis solicitudes que prazas.

 

Publicarase a lista provisional o 25 de abril no taboleiro de anuncios do centro.

Prazo de matrícula do 20-30 de xuño.

*Colgaremos máis información ao respecto no mes de Xuño*

RECOLLIDA DE MEDICAMENTOS PARA UCRAÍNA

A ONG Families4peace está realizando unha CAMPAÑA DE RECOLLIDA de antipireicos,analxésicos, antibióticos e kits de emerxencia (betadine,gasas, antisépticos)para levar a Palanca, unha cidade fronteira con Ucraína.

Precisan levar medicación aos postos de atención e hospitais de Odesa.

No noso colexio imos dispoñer ata o venres 18 de marzo dunha caixa de recollida na conserxería do centro para aquelas familias que estean interesadas en colaborar.

Distribuir contido


by Dr. Radut