Queridas familias:
Publicada a ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria para o curso escolar 2021/22.
Poderase solicitar:
- Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º,4º, 5º e 6º de E.P.
- Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado de 1º e 2º de E.Primaria.
- Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en E.Primaria.
Por suposto, para a concesión destas axudas terase en conta a renta per cápita da unidade familiar, situacións de garda ou tutela...(Ver bases da convocatoria).
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día 21 de MAIO e rematará o día 22 de XUÑO de 2021 (este incluído).
Presentaranse, preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ANEXO I) dispoñible na aplicación informática "fondolibros" a través da sede electrónica da Xunta de Galicia; ou ben na secretaría do centro (de forma presencial) en horario de LUNS (09:00-09-50) e XOVES (13:10-14:00).
(Deberase traer copia da primeira folla para compulsar)
Deixamos en adxunto os documentos.
* Documentación Complementaria:
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
- ANEXO II.
- Copia do libro de familia.
- En caso de separación/divorcio, a sentencia xudicial ou convenio regulador.
- Certificado de discapacidade.
- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero.
- Resolución xudicial por incapacitación con patria potestade.
- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores.
- Certificado de convivencia, no caso de carecer de DNI.
(NO CENTRO NON SE REALIZARÁN FOTOCOPIAS DE DOCUMENTOS PERSOAIS)
Calquer información ou dúbida que vos xurda atenderémosvos telefónicamente ou polo correo electrónico do centro.
Un cordial saúdo.
O equipo directivo.
Anexo | Tamaño |
---|---|
FONDO LIBROS.pdf | 1.79 MB |