Skip to main content

AXENDA 2030

PROXECTO DOCUMENTAL "MÚSICA, MAESTRO!" #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Fotografía recollida no libro de Willy, André López Díaz.

 

É ben seguro que sendo Cedeira unha vila onde a música é parte da nosa vida cotiá,

conservará moitos bens materiais e inmateriais referidos ao mundo do canto, o baile,

as festas... Algúns deles aparecen xa recompilados en traballos feitos por autores

cedeireses como poden ser os libros de José Antonio Suárez Aneiros.

 

 

A Biblioteca Escolar “Carlos Labraña” do CEIP Nicolás del Río e o Concello de Cedeira,

conscientes de que a memoria gráfica dunha comunidade forma unha parte do seu

Patrimonio cultural, solicitamos a vosa colaboración para artellar

unha exposición de fotografías para o recordo.

 

 

Non faremos mal ao supoñer que os máis de nós teremos algunha instantánea,

algún retrato, algunha imaxe nas nosas familias que reflicta calquera dos rexistros

da vida cotiá da Cedeira musical anteriores ao ano 1960. Esas son as fotografías

que agardamos enviedes á escola co fin de poder armar este labor.

 

 

Así pois dende a biblioteca, convidamos a todas as familias a enrolarse neste

proxecto musical, unha mostra fotográfica na que se miren os esforzos dos nosos devanceiros.

 

Poden deixar as súas fotografías na secretaria do CEIP Nicolás del Río.

Serán escaneadas e devoltas á maior brevidade. Tamén existe a posibilidade

de que mandedes vos a fotografía ao seguinte correo:

biblio.nicolas.del.rio@gmail.compoñendo de título: MÚSICA MAESTRO.

 

PRAZO PARA TRAER AS FOTOGRAFÍAS: ATA O 10 DE MAIO

 

 

 

 

 

 

OBRADOIROS E FALADOIROS DO ALUMNADO #bibliotecainclusiva #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Dentro do espazo dos obradoiros e faladoiros do alumnado,

Vega, Jairo e Antía levan a cabo un obradoiro de pizza.

Pero todo isto ten un proceso, primeiro cubriron a ficha co

que desexaban facer e neste caso os ingredientes, número de

persoas ás que ía dirixido, temporalización... Logo veu o cartaz nos

ordenadores táctiles da biblioteca e xa posteriormente marcar a data.

Chegou o día e este é o resultado. Elas e eles que a probaron seica estaba

boísima e hai lista de espera, así que terán que repetir.

 

 

 

 

PATIOS VIVOS - BIBLIOTECA CREATIVA #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Os Vagalumes están desexosos de usar os Patios Vivos con máis intensidade,

pero as choivas deixaron moitos desperfectos e agora toca facer unha

limpeza profunda para volver ao seu uso cotía. Estes días de sol permitiron

secar pozas e endurecer o barrizal que se formara en varias zonas,

así que puxeron luvas e mandilóns e aproveitaron o tempo. Sacaron as

herbas máis tupidas, queda pendente o lavado de testos e cubos.

Solicitaron ao Concello de Cedeira a retirada do resto das herbas

que non puideron sacar (hai que facelo de raíz para que non rebroten,

algunhas teñen pinchos). Comezaron a facer un sementeiro para adicar

unha pequena parte do patio á horta. Falaron dos tipos de plantas (árbores,

arbustos e herbas), da Camelia que temos nun dos patios...

Dende agora os Patios Vivos, estarán moito máis activos coa chegada

da Candeloria, pois metade do inverno vai fóra. Deste xeito tamén

traballaron o paso do tempo e recordaron proxectos fermosos realizados

con outro alumnado que pasou pola escola. Ciclos de vida que se repiten.

Por unha rapazada concienciada!

 

 

 

 

 

 

PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - ALUMNADO 2ºA #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Desta volta os protagonista das cancións infantís

son Iñaki, Carme e Simón.

Esta é unha actividade enmarcada

no proxecto documental "Música, maestro!".

 

 

 

 

 

 

PROXECTO DOCUMENTAL "MÚSICA, MAESTRO!" #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Como vén sendo habitual ano a ano, a biblioteca da escola embárcase

nun proxecto de traballo no que a colaboración de toda a comunidade

educativa é condición indispensable para arribar en bo porto.

Basearemos coma sempre as nosas investigacións no currículo

cedeirés e así propoñemos este curso un tema que forma

parte esencial da existencia da nosa vila A MÚSICA.

 

 

 

Cedeira...unha vila que non se entende sen o compoñente musical.

Foron, son e serán moitos os músicos e agrupacións que manteñen

viva a nosa tradición musical. A música é parte da vida cotiá:

cantamos cando xogamos, cando contamos contos ,

despois dun xantar compartido e mesmo cando traballamos,

forma parte das nosas vidas e da nosa historia como pobo.

 

Non entenderemos pois o currículo cedeirés sen o compoñente musical.

Queremos achegar aos nosos nenos e nenas a nosa tradición máis sonora,

queremos facelo dende a escola, dende a biblioteca

e coa axuda inestimable de todos vosoutros.


Ao estar en vésperas do Tempo de Nadal e coa intención de ir preparando

os cantares de aguinaldo iniciamos este proxecto. Se conservades na vosa

memoria ou na dos vosos avós algún cantar tradicional, cubride o seguinte

cuestionario que vos enviamos ou solicitade un na biblioteca ou en secretaría.

 

 

 

https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/
@beCarlosLabrana
biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

 

QUE É UNHA ONG? - CLAUDIA PÉREZ RODRÍGUEZ #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de sexto de primaria tivo a oportunidade de coñecer

de primeira man unha ONG, Plan Internacional.

Claudia Pérez Rodríguez, coa axuda dunhas fotografías

e vídeos foi comentando os diversos proxectos nos que están

inmersos, en Ucrania, Sudán... e a rapazada tivo a oportunidade

de resolver unha morea de curiosidades e dúbidas. 

Moitas gracias por participar!

 

Axenda 2030

 

 

 

 

 

PROXECTO INTERXENERACIONAL "Naturalmente aprendendo!" #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A nosa escola atópase mergullada nunha contorna natural chea de cousiñas por descubrir.

Son moitas as especies de animais e plantas que podemos ver nun simple paseo e que

ás veces non somos quen de ollar ou de percibir sexa por descoñecemento,

por non darlle importancia ao ser cousa habitual ou polo simple ir e vir da vida de

hoxe que cada día se fai máis rápida e non nos deixa pararnos a pensar, observar ou apampar.

Temos multitude de fauna miúda, paxariños que cantan ao noso paso, flores únicas, unha reserva

mariña ou simples felgos, que por non ser tan simples sobreviven dende a Era Terciaria.

 Co obxectivo de reconectar e de tecer redes interxeracionais queremos fomentar o encontro e o

intercambio de coñecementos e valores cun proxecto de traballo que vén da man da nosa biblioteca.

Trataremos de tomar tempo e observar a natureza: ulila, escoitala, explorala, prestarlle

atención e descubrir un mundo cheo de vida.


 

 

https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/
@beCarlosLabrana
biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

 

 

 

DÍA DA PAZ #ODS16 #Axenda2030 #ALFIN #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Valorando a nosa terra berramos alto para sementar a PAZ a cada paso.

Unha actividade coordinada por tódolos equipos do centro onde xuntos

ilustramos un desexo.

Debuxemos a paz tódolos días!

Non hai fronteiras! Terra! Tanxungueiras!

 

Pequena mostra de fondos polo Día da Paz.

Distribuir contido